lunes, 4 de abril de 2016

Este mes na biblioteca... trío de ases!

Xa estamos en abril, un mes cheo de celebracións. Aquí tes un resumo das actividades que van ter lugar na biblioteca e no centro ao longo do mes:

  • Exposición: Trío de ases. Adicamos o taboleiro da biblioteca a homenaxear a tres grandes escritores que, a pesar do tempo pasado, seguen tendo vixencia hoxe en dia. Xa sabes de quen falamos? Pois si, de Cervantes, Shakespeare e Valle-Inclán. Participa nas celebracións e espalla polo centro citas famosas destes escritores. Tamén poderás ver nos expositores do centro unha selección das súas obras. Anímaste a lelas?
  • Actos polo 25 aniversario do centro: A Basella está de celebración! Ao longo do mes teremos charlas, unha comida e máis actividades para celebrar esta data tan importante.
  • Celebración do Día do Libro: como todos os anos, celebraremos o Día do Libro por todo o alto! Haberá unha feira do libro, concursos literarios, lecturas compartidas...e algunha que outra visita sorpresa...quen se paseará polo centro?

viernes, 11 de marzo de 2016

Marzo: Mulleres e literatura. As sinsombrero

As sinsombrero é un proxecto que pretende dar visibilidade a unha serie de mulleres que tamén formaron parte da Xeración do 27, compartiron espazos e actividades con escritores como Lorca, Alberti, con pintores como Dalí ou cineastas como Buñuel. Eles son nomes de sobra coñecidos por todos e todas e elas foron esquecidas. Podes visitar a web do proxecto ou ver un vídeo sobre este proxecto

miércoles, 2 de marzo de 2016

Este mes na biblioteca...Mulleres e literatura

Para celebrar o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, este mes  todo xira na nosa biblioteca  ao redor da muller. Falaremos no noso blog de muller e literatura, de mulleres científicas e artistas esquencidas e moitas veces silenciadas.Nos expositores poderás atopar suxestións de lecturas relacionadas coa muller e haberá, ademais, un concurso sobre este tema. Estade atentos e atentas a todas as novidades!


Xa temos gañadora do noso concurso Quen é quen? Amores de libro

   O martes 1 de marzo, no 2º recreo fixemos o sorteo entre todos aqueles que completaron correctamente o cuestionario coas dez parellas do concurso. Moitas grazas a todos por participar e parabéns aos acertantes, especialmente as nosas concursantes máis novas, Antía Señoráns Couceiro e Carla Fernández Bóveda, de 1º de ESO. A escollida no sorteo foi Aida Ferreiro Galbán de 1º de Bacharelato C. Parabéns e esperamos que disfrutes do teu bono- regalo !
 Estas eran as dez parellas que buscabamos:

  1. Mary Shelley e Percy Shelley
  2. Píramo e Tisbe
  3. Arthur Rimbaud e Paul Verlaine
  4. Dante Alighieri e Beatriz Portinari
  5. Bella Swan e Edward Cullen
  6. Don Quijote e Dulcinea
  7. María Teresa de León e Rafael Alberti
  8. Anna Karenina e Alexis K.Vronsky
  9.  Tristán e Iseo ( Isolda)
  10. Orfeo e Eurídice

 En marzo haberá un novo concurso. Animádevos a participar!

martes, 1 de marzo de 2016

Hora de ler, hora de lecer!

Mañá empezamos o día da mellor das maneiras: lendo un bo libro! Non esquezas traer algunha das túas lecturas favoritas.
Lembrade: o mércores a primeira hora temos hora de ler!

lunes, 29 de febrero de 2016

Concurso Quen é quen? Amores de libro

Hoxe acaba o prazo para entregar o cuestionario do noso concurso. Xa tes identificadas todas as parellas? Moita sorte e grazas por participar!


viernes, 26 de febrero de 2016

Concurso Quen é quen? Amores de libro. Parella nº 10

Chegamos  á última parella do noso concurso. Esta é a pista para a parella nº 10:

"A protagonista desta historia da mitoloxía grega morreu pola mordedura dunha serpe. O seu namorado,  despois de chorala moito,  descendeu valentemente ao Tártaro esperando recuperala e levala de volta. Coa súa melancólica música, encantou ao barqueiro Caronte, ao Can Cerbero e a os tres xuíces dos mortos amoleceu o  seu duro corazón, e díxolles que o motivo da súa viaxe era a súa esposa e suplicoulles que a  deixasen marchar . Estes concedéronlle a su petición cunha única condición: que non mirara atrás ata que ela estivese a salvo baixo a luz do Sol. Ela seguiuno  polo escuro pasadizo guiada polos sons da súa lira, pero cando chegaron a onde xa había luz solar el volveuse para comprobar se ela o seguía, pero como a súa esposa aínda tiña un  pé na sombra e entón perdeuna para sempre."

Se completaches o cuestionario non esquezas entregalo na biblioteca o luns. Moita sorte!