sábado, 20 de diciembre de 2014

Aquí tedes as fotos do Nadal

Aquí tedes as fotos do Nadal. Moitas grazas a todos por participar e facer que pasásemos un día estupendo. Disfrutade das vacacións.Vémonos en xaneiro!

viernes, 19 de diciembre de 2014

Bo Nadal!!

Despois dunha semana chea de exames, despedímonos cunha xornada de festa e celebración. Disfrutade das festas e aproveitade estes días fríos para ler un bo libro.

BO NADAL !

jueves, 18 de diciembre de 2014

Tralos pasos de Pessoa

Os alumnos e alumnas de Literatura Universal e Arte de 2º de bacharelato realizaron unha viaxe a Lisboa para coñecer a cidade onde viviu Pessoa.

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Empeza a conta atrás para o concurso da Bibliobatea!!!! Participa

 Mañá péchase esta 1ª edición do concurso e o venres publicarase o nome da gañadora ou gañador
Nestes momentos, o concurso vai moi igualado. Ninguén contestou a pregunta 4 e aínda estades a tempo!

lunes, 15 de diciembre de 2014

5ª PREGUNTA DO CONCURSO : BIBLIOTECAS DE CINE. PARTICIPA!!!!


Chegamos a derradeira pregunta antes do Nadal. Nesta montaxe podes ver unha serie de bibliotecas que aparecen en distintas películas. Poderías dicirnos o título de cinco destas películas? Sorte!




domingo, 14 de diciembre de 2014

Curiosalibrería

Desde Lisboa, as profes da excursión de 2º de bacharelato mandannos esta foto dunha curiosa librería que atoparon cando paseaban polo Bairro Alto.


sábado, 13 de diciembre de 2014

Participade no concurso de Nadal!

Como outros anos, facemos o concurso de decoración das aulas. Xa sabedes que o proxecto documental sobre o que empezamos a traballar este curso ten como tema a emigración e, por iso, pedímosvos que vos informedes sobre como celebran as festas de nadal noutros países, elixades un país e decoredes as aulas para  facernos "viaxar" ao redor do mundo.

viernes, 12 de diciembre de 2014

A Basella Solidaria: recollida de alimentos

Como outros anos, esta última semana de clases antes do Nadal haberá unha árbore solidaria na entrada do instituto. Podedes traer alimentos non perecederos e artigos de 1ª necesidade ( artigos de hixiene...) O recollido doarase a unha ong local. 

Esperamos que a árbore se nos quede pequena e que recollamos tantas cousas como o ano pasado. Moitas grazas!

martes, 9 de diciembre de 2014

Vilanova polo mundo. Vilanova para o mundo


Holanda, Colombia, Ghana, Alemaña, Francia, Suíza, Venezuela, Arxentina... Vilanova está espallada polo mundo e é un novo fogar para algúns dos nosos compañeiros e veciños. Que sabemos destes países que dalgún xeito están vencellados a Vilanova? O proxecto no que todos traballamos este ano está relacionado coa emigración. Para o nadal organizamos unha serie de actividades moi interesantes nas que contaremos coa colaboración de todos vós e das vosas familias.


lunes, 8 de diciembre de 2014

Pregunta 4 do concurso da Bibliobatea. Participa!!!!

A cousa vaise complicando....


A finais do mes de novembro, falabamos no blog dunha das novidades na biblioteca. No libro desta autora fálase dun famoso matemático e dun cómic maldito. Localiza o libro na biblioteca e contesta ás seguintes preguntas:


  1. Cal é o nome de este matemático e cal o seu alcume?
  2. Por que é famoso nas matemáticas? En que best-seller fan referencia ás súas teorías?
  3. Quen protagoniza o cómic maldito?

lunes, 1 de diciembre de 2014

Pregunta 3 do concurso da Bibliobatea. Participa!!!

Hoxe a pregunta complícase un pouquiño. A criatura imaxinada pola autora do libro resumido no pictograma pobou os pesadelos de moitos rapaces e rapazas. Poderías dicirnos o nome da autora, o nome do seu home e doutro coñecido poeta amigo da parella e o título completo do libro?


Parabéns aos gañadores do 2º reto da Bibliobatea!




Camarón veintiocho, Miriam Rodríguez e Alexia Piñeiro deron coa resposta correcta. O libro do que falabamos era Romeo e Xulieta de William Shakespeare. Se vos animades a lelo, podedes atopalo na biblioteca.

Non vos despistedes que xa tedes o terceiro reto agardando por vós!

jueves, 27 de noviembre de 2014

Estreamos Club de Lectura

Comezamos o Club de Lectura do Instituto co libro de relatos "Endogamia 0.2", de Ramòn Caride, ilustrado polo noso profesor Manuel Busto. Gustounos especialmente a primeira historia do libro, lectura que vos recomendamos para reflexionar sobre a necesidade da loita contra calquera forma de manifestaciòn da  violencia de xènero.

Estamos a decidir a nosa segunda lectura, aìnda estás a tempo de te incorporar ao Club, esperàmoste!


Novidades na biblioteca: La mitad de tu rostro



¿Qué se oculta en el fondo de la mente de cada uno de nosotros? ¿Quién se oculta tras la apariencia de un apocado adolescente? ¿Es la tímida y empollona compañera de la primera fila más interesante de lo que parece? ¿Es el revoltoso de la clase tan seguro de sí mismo? ¿Podemos conocer el rostro completo de las personas?





Hugo, tras pasar unos años fuera del país, regresa a su ciudad natal para retomar sus estudios en un colegio público. En un principio, pensaba que tendría como compañera a su amiga Irina, pero esto no es posible. Irina se encuentra en estado catatónico, casi en coma, tras desaparecer durante tres días durante el agosto pasado. No se sabe qué le ocurrió,no tenía señales de violencia o de haber sido forzada, simplemente está en shock. Hugo se alía con Jon (un muchacho con problemas físicos al que el resto de alumnos deja de lado) y con Vanessa (unaadolescente que intenta ser del montón para ser aceptada por el grupo, pero que tras conocer a Hugo cambiará radicalmente su forma de ser) para intentar descubrir qué le paso a Irina.

La mitad de tu rostro es una novela de misterio de Blanca Álvarez, autora de otras novelas que puedes encontrar en la biblioteca como El curso en que me enamoré de ti y El club de los asesinos limpios.



lunes, 24 de noviembre de 2014

Pregunta 2 para o concurso da Bibliobatea. Participa!

Esta historia de amor imposible foi escrita por un dos escritores ingleses  máis coñecidos. Saberías dicirnos o título da obra e o nome do seu autor?


domingo, 23 de noviembre de 2014

Parabéns ás gañadoras do primeiro concurso

Temos tres alumnas que contestaron correctamente ao primeiro reto do noso concurso: Saray Romero, Marta Núñez e Ana Rial . A novela da que falaban os emoticonos era El  Quijote. Parabéns ás participantes!




jueves, 20 de noviembre de 2014

Para fans de Harry Potter

Se es fan de Harry Potter, aquí podes ver o argumento do libro resumido nunha soa imaxe.


LECTURAS PARA UN MINUTO ( ESPECIAL DÍA DO NENO): DUÉRMETE MI NIÑO

Celebramos o Día do neno con este pequeno conto de Galeano:



Duérmete mi niño

Los más famosos cuentos infantiles, la literatura para niños escrita por los adultos, son obras terroristas que bien merecen figurar en el arsenal de los adultos contra las huestes de la gente menuda. Hansel y Gretel te advierten: “Serás abandonado por tus padres”. Caperucita Roja te informa que cada desconocido puede ser un lobo que te comerá. La Cenicienta te obliga a desconfiar de las madrastras y de las hermanastras… y así sucesivamente… los niños siguen siendo desde temprano entrenados para el terror: “Vendrá el ogro, y el ogro te devorará si no obedeces, si haces lo que no debes, si ejercitas tu Libertad”.
                                                                           Eduardo Galeano

lunes, 17 de noviembre de 2014

Empezan os miniconcursos da Bibliobatea. Participa!!!

Canto sabes de libros? Neste blog atoparás unha pregunta cada semana para participar no concurso da Bibliobatea. Se es o primeiro ou a primeira en dar a resposta correcta, irás sumando  puntos para o premio que se dará na semana anterior ás vacacións de Nadal.

Para empezar, unha pregunta moi faciliña: Cal é a novela que se agocha tras estes emoticonos?

:101::101::101::loco::vb_493:Emoticonos 109 :vb_493:Emoticonos 109

domingo, 16 de noviembre de 2014

LECTURA PARA UN MINUTO (ESPECIAL DÍA DO NENO): EL NIÑO CINCO MIL MILLONES



El niño cinco mil millones

En un día del año 1987 nació el niño Cinco Mil Millones. Vino sin etiqueta, así que podía ser negro, blanco, amarillo, etc. Muchos países, en ese día eligieron al azar un niño Cinco Mil Millones para homenajearlo y hasta para filmarlo y grabar su primer llanto.
Sin embargo, el verdadero niño Cinco Mil Millones no fue homenajeado ni filmado ni acaso tuvo energías para su primer llanto. Mucho antes de nacer ya tenía hambre. Un hambre atroz. Un hambre vieja. Cuando por fin movió sus dedos, éstos tocaron tierra seca. Cuarteada y seca. Tierra con grietas y esqueletos de perros o de camellos o de vacas. También con el esqueleto del niño 4.999.999.999.
El verdadero niño Cinco Mil Millones tenía hambre y sed, pero su madre tenía más hambre y más sed y sus pechos oscuros eran como tierra exahusta. Junto a ella, el abuelo del niño tenía hambre y sed más antiguas aún y ya no encontraba en si mismo ganas de pensar o creer.
Una semana después el niño Cinco Mil Millones era un minúsculo esqueleto y en consecuencia disminuyó en algo el horrible riesgo de que el planeta llegara a estar superpoblado. 

                                                                       Mario Benedetti

sábado, 15 de noviembre de 2014

viernes, 14 de noviembre de 2014

jueves, 13 de noviembre de 2014

CONTOS NA LAREIRA

ESTE SÁBADO, 15 DE NOVEMBRO, CHEGAN A VILAGARCÍA CARLOS BLANCO E CELSO SANMARTÍN PARA DIVERTIRNOS E ATERRORIZARNOS COS SEUS "CONTOS NA LAREIRA". ESPECTÁCULO MOI RECOMENDABLE PARA TODOS AQUELES QUE DISFRUTADES DO MEDO DE SAMAÍN



miércoles, 12 de noviembre de 2014

Miniconcursos en Bibliobatea!

A partir do próximo luns estade moi, moi atent@s ao blog da biblioteca, xa que comezará o noso concurso semanal . Quen atope antes a resposta correcta, será o gañador/a da semana.
Anímate a participar e 


martes, 11 de noviembre de 2014

Cam Closer. A curta máis terrorífica do ano

Velaquí tedes a curta que estábades pedindo.




Cam Closer from David F. Sandberg on Vimeo.

Atención!!! Búscanse colaboradores para a nosa sección: O lector crítico


Gústache ler? Queres participar no blog da biblioteca? Buscamos lectores que queiran participar na nosa sección O lector crítico. Comparte cos teus compañeir@s as túas opinións sobre os libros que les, recoméndalles novas lecturas, películas...

Se queres participar, manda unha breve reseña do libro ( título, autor, xénero - aventuras, amor...- e argumento - sen spoilers !!!!!- ) e a túa crítica   a biblioabasella@gmail.com. Indica tamén o teu nome e curso.

lunes, 10 de noviembre de 2014

LECTURAS PARA UN MINUTO: MICRORRELATO GAÑADOR NO 1º CONCURSO DE MICRORRELATOS DA USC

Unha muller de principios





        Desde moi nova traballei con éxito en distintos circos facendo vistosos malabarismos, tragando sabres, lume e mais algún que outro sapo. Arestora estou no paro, pois acabei despedida e fóra dos circuítos do espectáculo, queimada –por así dicilo– daquel traballo duro, mal pagado e pouco recoñecido. Como a miña situación económica é moi precaria, apunteime nas oficinas de emprego. Hai pouco o exército español, se cadra tentando aforrar en material e combustible, ofreceume un posto de lanzachamas do corpo lixeiro de infantería. Talmente estaría na vangarda. Con todo, eu proclameime fogosamente pacifista e rexeitei aquel ofensivo ofrecemento un pouco indignada. 

                                                                    Alberto Gómez Aneiros

domingo, 9 de noviembre de 2014

O 25º aniversario da caída do muro de Berlín

Hoxe 9 de novembro celébrase o 25º aniversario da caída do muro de Berlín e aproveitamos para recomendarvos unha estupenda película ambientada nos meses posteriores á caída do muro: Good bye, Lenin e que podes atopar na videoteca do instituto


 A nai de Álex , unha defensora da Alemaña socialista, cae en coma uns días antes da caída do muro de Berlín. Cando esperta de súpeto oito meses despois, nada sería máis perigoso para a súa saúde que saber que agora viven nunha Alemaña reunificada e capitalista. Para salvar a súa nai, Alex converte o apartamento familiar nunha illa ancorada no pasado, unha especie de museo do socialismo no que a súa nai vive comodamente crendo que nada cambiou. O que empeza como unha pequena mentira piadosa convértese  nunha grande estafa cando a irmá de Alex e algúns veciños se encargan de manter a farsa para que a nai de Alex siga crendo que ao final Lenin venceu!

domingo, 2 de noviembre de 2014

Crónicas de ciencia improbable

Este libro de Pierre Bathélémy, autor do blog de divulgación científica máis popular de Francia,  trata de dar resposta  a todas esas dúbidas máis ou menos estúpidas que temos grandes e pequenos: a que velocidade camiña a morte?, que chocolatina produce mellores ósos?, as mulleres volven parvos aos homes? e bo para a saúde ler no retrete? pode contaxiarse o bostezo dunha tartaruga?  quen quere probar a comida para gatos? Se estas e outras cuestións non te deixan durmir, podes buscar as respostas neste libro


Concurso de relatos curtos sobre ciencia: Ciencia que conta 2014


7º Concurso de relatos cortos sobre ciencia: "Ciencia que conta 2014"

Ciencia e literatura non están rifadas! Elixe un tema de ciencia que che guste e ponte mans á obra a escribir un relato dun máximo de 1.000 palabras. Podes participar no concurso CIENCIA QUE CONTA ata o vindeiro 15 de novembro. Hai unha tablet en xogo e moitos máis premios!

Máis información pinchando aquí



Ciencia na biblioteca

Esta semana tamén ven cargada de actividades. Celebramos o Día da Ciencia en Galego. Consulta o blog basellafala para ter máis información sobre as distintas actividades,


jueves, 30 de octubre de 2014

Xa temos aos gañadores do concurso

Estas son as cabazas gañadoras do concurso. Parabéns aos gañadores e a todos os participantes!


Concurso de cabazas: o xurado está reunido nestes intres para elexir a cabaza gañadora

Grazas a todos por participar no concurso de cabazas. Podedes pasar pola biblio para ver os arrepiantes traballos dos vos@s compañeir@s. Agora mesmo o xurado ten a difícil tarefa de escoller a cabaza gañadora. Moita sorte e estade atent@s ao blog!!!



Curtas de medo

Desde o blog queremos darlle as grazas a Xabier por todo o traballo que fixo esta semana para proxectar unha estupenda selección de curtas de medo. Berramos e  rimos ...de medo. Zombis, móbiles, os teus bonecos... todos poden ser elementos dunha boa historia de terror. Cal foi a túa favorita? Escolle a que máis te gustou e colgaremos o enlace no blog. 
Que pasedes unha boa ponte...e non vos esquenzades de deixar a luz do voso cuarto sempre acendida.



miércoles, 29 de octubre de 2014

Joyeux Halloween !

Estos son os traballos que fixo o alumnado de francés para desexarnos un bo Samaín. Podes velos na entrada da biblioteca.





martes, 28 de octubre de 2014

E ti de que tes medo?

Das tormentas, dos profes, da morte, dos teus ollos, do medo, de quedar sen traballo, dos exames, das pantasmas ,de perder aos meus amigos, das arañas... Comparte os teus medos


Estas son as cabazas presentadas para o concurso

O xurado vai telo moi difícil para escoller aos gañadores do concurso de cabazas. Se queres velas, pasa pola biblioteca . Cal é para ti a gañadora?