jueves, 30 de octubre de 2014

Xa temos aos gañadores do concurso

Estas son as cabazas gañadoras do concurso. Parabéns aos gañadores e a todos os participantes!


Concurso de cabazas: o xurado está reunido nestes intres para elexir a cabaza gañadora

Grazas a todos por participar no concurso de cabazas. Podedes pasar pola biblio para ver os arrepiantes traballos dos vos@s compañeir@s. Agora mesmo o xurado ten a difícil tarefa de escoller a cabaza gañadora. Moita sorte e estade atent@s ao blog!!!



Curtas de medo

Desde o blog queremos darlle as grazas a Xabier por todo o traballo que fixo esta semana para proxectar unha estupenda selección de curtas de medo. Berramos e  rimos ...de medo. Zombis, móbiles, os teus bonecos... todos poden ser elementos dunha boa historia de terror. Cal foi a túa favorita? Escolle a que máis te gustou e colgaremos o enlace no blog. 
Que pasedes unha boa ponte...e non vos esquenzades de deixar a luz do voso cuarto sempre acendida.



miércoles, 29 de octubre de 2014

Joyeux Halloween !

Estos son os traballos que fixo o alumnado de francés para desexarnos un bo Samaín. Podes velos na entrada da biblioteca.





martes, 28 de octubre de 2014

E ti de que tes medo?

Das tormentas, dos profes, da morte, dos teus ollos, do medo, de quedar sen traballo, dos exames, das pantasmas ,de perder aos meus amigos, das arañas... Comparte os teus medos


Estas son as cabazas presentadas para o concurso

O xurado vai telo moi difícil para escoller aos gañadores do concurso de cabazas. Se queres velas, pasa pola biblioteca . Cal é para ti a gañadora?











lunes, 27 de octubre de 2014

Chegou o Samaín!

Esta semana celebramos o Samaín na nosa biblioteca cunha chea de actividades : concursos, curtas de medo, lecturas... Neste recuncho atoparás algunhas recomendacións de lecturas relacionadas con esta data. Non teñas medo en acercarte que os libros non morden!


Coñeces a nova colaboradora da biblioteca?



A nosa  colaboradora busca un novo amor para que viva con ela eternamente. Ten coidado que non se encapriche contigo!

domingo, 26 de octubre de 2014

Finaliza o prazo do Concurso de Cabazas !!!!

Lembrade que o mércores é o último día para entregar as cabazas para o concurso. Xa tés a túa decorada?


viernes, 24 de octubre de 2014

Lectura na casa de Valle-Inclán




Como outros anos, o centro participou na lectura conxunta dunha obra de Valle-Inclán organizada pola Casa- museo como parte das actividades da celebración do nacemento do escritor.
 A obra escollida este ano foia farsa infantil La cabeza del dragón. Se queres saber como acaba a historia podes coller esta obra teatral na nosa biblioteca.
Aquí tedes aos nosos representantes!


24 de outubro: Día da biblioteca


jueves, 23 de octubre de 2014

Coldplay esconde las letras manuscritas de su nuevo disco en nueve bibliotecas

A finales del pasado mes de abril y a principios de mayo, el grupo de música  Coldplay reveló las letras (manuscritas por Chris Martin) de las nueve canciones de su próximo álbum, «Ghost Stories». Dichos documentos estaban escondidos entre libros con temática fantasmagórica de nueve bibliotecas ubicadas por distintas partes del mundo. Las bibliotecas escogidas fueron las siguientes:
1 MAGIC.Encontrada en la Biblioteca Vasconcelos (Ciudad de México) en el libro Cuento de navidad de Charles Dickens.
2 ANOTHER’S ARMS. Encontrada en la Biblioteca Nacional de Singapore en el libro Ghost Stories de Peter Washington.
3 ALWAYS IN MY HEAD.Encontrada en la Rikhardinkatu Library  (Helsinki – Finlandia) en el libro Mister B. Gone de Clive Barker
TRUE LOVE. Encontrada en la Biblioteca San Pau- Santa Creu(Barcelona – España) en el libro El sabueso de los Baskerville  de Arthur Conan Doyle.
OCEANS. Encontrada en la Dartford Library (Kent – Reino Unido) en el libro Cumbres borrascosas  de Emily Brontë.
 6  O. Encontrada en la New York Public Library (Nueva York – EE.UU.) en el libroWho´s Haunting the White House  de Jeff Belanger.
 7 A SKY FULL OF STARS. Encontrada en Tauranga City Libraries (Nueva Zelanda) en el libro  The Haunting of Hill House de Shirley Jackson
 8 MIDNIGHT. Encontrada en laDundrum Library  (Dublín – Irlanda) en el libro Ghosthunters and the Bloodthirsty Baroness  de Camelia Funke.
9  INK. Encontrada en la Rosenbank Library  (Johannesburgo – Sudáfrica) en el libro Treasury of Ghost Stories de Kenneth Ireland.

miércoles, 22 de octubre de 2014

O Biblioburro


O mestre Luis decide un día cargar os seus dous burros, Alfa e Beto, con libros para levalos aos rapaces que, ao vivir en zonas rurais non teñen acceso a eles. Dende ese día, viaxa por toda Colombia coa súa biblioteca ambulante.


Se queres saber máis sobre esta iniciativa podes ler o blog: http://biblioburro.blogspot.com.es/

A ilustradora  Jeanette Winter conta esta historia no seu libro  Biblioburro

martes, 21 de octubre de 2014

A bibliomotocarro

Queres saber o que é unha bibliomotocarro? Podes descubrilo clicando na seguinte imaxe:



http://www.buendiario.com/maestro-jubilado-recorre-pueblos-con-biblioteca-movil/

Unha lectura para o Samaín: Escarlatina, a cociñeira defunta

O Premio Merlín de Literatura Infantil deste ano é unha lectura moi axeitada para estas datas: Escarlatina, a cociñeira defunta da escritora Ledicia Costas e ilustrado por Víctor Rivas. Anímate a ser o primeiro en lelo e facer unha crítica do libro para o blog!

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a   curiosidade polo mundo da cociña.
A partir de 11 anos

Petiscos...deliciosos? para o Samaín

Queres sorprender aos teus amig@s este Samaín? Proba a facer algunha destas receitas especialmente pensadas  para revolver os estómagos máis resistentes. Petiscos de Samaín






Seguro que estes petiscos vos axudan a inspirarvos e gañar o concurso de cabazas

lunes, 20 de octubre de 2014

Biblioteca flotante

A librería flotante Book Barge, de Sarah Henshaw navegou en 2011 máis de mil millas en 6 meses polos canais de Inglaterra e Gales.

domingo, 19 de octubre de 2014

Semana da Biblioteca


Aínda non coñeces a biblioteca do teu centro? Nesta Bibliobatea poderás pescar con liña ,con rede, cana de pescar ou nasa  todo tipo de lecturas, de todos os temas, formas , linguas e cores. Aproveita esta semana para descubrila ,xa que o venres 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca.

Ao longo desta semana poderás descubrir no blog algunhas das bibliotecas máis curiosas e sorprendentes do mundo.


Que os libros te acompañen!

Concurso de cabazas

A última semana de Outubro, celebramos o Samaín na biblioteca do instituto.
Anímate a participar no concurso de cabazas. Haberá premios para as máis terroríficas e divertidas.

martes, 14 de octubre de 2014

Coñeces a videoteca do centro?


A videoteca está no departamento de Filosofía e Manuel Seixas é o profesor encargado de levala. Pasa por alí para coller películas, series, xogos, música...Se botades de menos algún título, podedes pedilo e, como sempre, o titor da videoteca fará todo o posible para conseguilo.

A videoteca estará aberta para préstamo no primeiro recreo dos martes e dos xoves ,a partir de hoxe. Ademáis, a videoteca é un espazo onde podedes estar nos recreos falando e escoitando música cos vos@s compañeir@s

Que hai de novo en Bibliobatea?

Estade moi atentos porque a finais de mes teremos unha celebración moi especial...e terrorífica.
No blog atoparedes información sobre o concurso de cabazas e tamén historias que non te deixaran durmir.




14 de outubro: Día B

En moitas cidades do mundo celebrouse o Día internacional da Bibliodiversidade "liberando" libros en distintos espazos públicos. Aquí tedes una foto que nos chegou dende México:


domingo, 5 de octubre de 2014

LECTURAS PARA UN MINUTO: CELEBRACIÓN DE LA FANTASÍA


Con este pequeno conto, aproveitamos para desexarte unha boa semana!








                                                    Celebración de la fantasía

Fue a la entrada del pueblo de Ollantaytambo, cerca del Cuzco. Yo me había despedido de un grupo de turistas y estaba solo, mirando de lejos las ruinas de piedra, cuando un niño del lugar, enclenque, haraposo, se acercó a pedirme que le regalara una lapicera. No podía darle la lapicera que tenía, por que la estaba usando en no sé que aburridas anotaciones, pero le ofrecí dibujarle un cerdito en la mano.

Súbitamente, se corrió la voz. De buenas a primeras me encontré rodeado de un enjambre de niños que exigían, a grito pelado, que yo les dibujara bichos en sus manitas cuarteadas de mugre y frío, pieles de cuero quemado: había quien quería un cóndor y quién una serpiente, otros preferían loritos o lechuzas y no faltaba los que pedían un fantasma o un dragón.

Y entonces, en medio de aquel alboroto, un desamparadito que no alzaba mas de un metro del suelo, me mostró un reloj dibujado con tinta negra en su muñeca:

-Me lo mandó un tío mío, que vive en Lima -dijo
-Y anda bien -le pregunté
-Atrasa un poco -reconoció. 
                                                                          Eduardo Galeano

miércoles, 1 de octubre de 2014

Busca na biblioteca as lecturas obrigatorias deste curso

Temos á vosa disposición exemplares das lecturas obrigatorias deste curso. Se os necesitades, podedes collelos nas librarías da entrada. Se non os atopades, preguntade ao encargad@ da biblioteca.