lunes, 4 de abril de 2016

Este mes na biblioteca... trío de ases!

Xa estamos en abril, un mes cheo de celebracións. Aquí tes un resumo das actividades que van ter lugar na biblioteca e no centro ao longo do mes:

  • Exposición: Trío de ases. Adicamos o taboleiro da biblioteca a homenaxear a tres grandes escritores que, a pesar do tempo pasado, seguen tendo vixencia hoxe en dia. Xa sabes de quen falamos? Pois si, de Cervantes, Shakespeare e Valle-Inclán. Participa nas celebracións e espalla polo centro citas famosas destes escritores. Tamén poderás ver nos expositores do centro unha selección das súas obras. Anímaste a lelas?
  • Actos polo 25 aniversario do centro: A Basella está de celebración! Ao longo do mes teremos charlas, unha comida e máis actividades para celebrar esta data tan importante.
  • Celebración do Día do Libro: como todos os anos, celebraremos o Día do Libro por todo o alto! Haberá unha feira do libro, concursos literarios, lecturas compartidas...e algunha que outra visita sorpresa...quen se paseará polo centro?

viernes, 11 de marzo de 2016

Marzo: Mulleres e literatura. As sinsombrero

As sinsombrero é un proxecto que pretende dar visibilidade a unha serie de mulleres que tamén formaron parte da Xeración do 27, compartiron espazos e actividades con escritores como Lorca, Alberti, con pintores como Dalí ou cineastas como Buñuel. Eles son nomes de sobra coñecidos por todos e todas e elas foron esquecidas. Podes visitar a web do proxecto ou ver un vídeo sobre este proxecto

miércoles, 2 de marzo de 2016

Este mes na biblioteca...Mulleres e literatura

Para celebrar o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, este mes  todo xira na nosa biblioteca  ao redor da muller. Falaremos no noso blog de muller e literatura, de mulleres científicas e artistas esquencidas e moitas veces silenciadas.Nos expositores poderás atopar suxestións de lecturas relacionadas coa muller e haberá, ademais, un concurso sobre este tema. Estade atentos e atentas a todas as novidades!


Xa temos gañadora do noso concurso Quen é quen? Amores de libro

   O martes 1 de marzo, no 2º recreo fixemos o sorteo entre todos aqueles que completaron correctamente o cuestionario coas dez parellas do concurso. Moitas grazas a todos por participar e parabéns aos acertantes, especialmente as nosas concursantes máis novas, Antía Señoráns Couceiro e Carla Fernández Bóveda, de 1º de ESO. A escollida no sorteo foi Aida Ferreiro Galbán de 1º de Bacharelato C. Parabéns e esperamos que disfrutes do teu bono- regalo !
 Estas eran as dez parellas que buscabamos:

  1. Mary Shelley e Percy Shelley
  2. Píramo e Tisbe
  3. Arthur Rimbaud e Paul Verlaine
  4. Dante Alighieri e Beatriz Portinari
  5. Bella Swan e Edward Cullen
  6. Don Quijote e Dulcinea
  7. María Teresa de León e Rafael Alberti
  8. Anna Karenina e Alexis K.Vronsky
  9.  Tristán e Iseo ( Isolda)
  10. Orfeo e Eurídice

 En marzo haberá un novo concurso. Animádevos a participar!

martes, 1 de marzo de 2016

Hora de ler, hora de lecer!

Mañá empezamos o día da mellor das maneiras: lendo un bo libro! Non esquezas traer algunha das túas lecturas favoritas.
Lembrade: o mércores a primeira hora temos hora de ler!

lunes, 29 de febrero de 2016

Concurso Quen é quen? Amores de libro

Hoxe acaba o prazo para entregar o cuestionario do noso concurso. Xa tes identificadas todas as parellas? Moita sorte e grazas por participar!


viernes, 26 de febrero de 2016

Concurso Quen é quen? Amores de libro. Parella nº 10

Chegamos  á última parella do noso concurso. Esta é a pista para a parella nº 10:

"A protagonista desta historia da mitoloxía grega morreu pola mordedura dunha serpe. O seu namorado,  despois de chorala moito,  descendeu valentemente ao Tártaro esperando recuperala e levala de volta. Coa súa melancólica música, encantou ao barqueiro Caronte, ao Can Cerbero e a os tres xuíces dos mortos amoleceu o  seu duro corazón, e díxolles que o motivo da súa viaxe era a súa esposa e suplicoulles que a  deixasen marchar . Estes concedéronlle a su petición cunha única condición: que non mirara atrás ata que ela estivese a salvo baixo a luz do Sol. Ela seguiuno  polo escuro pasadizo guiada polos sons da súa lira, pero cando chegaron a onde xa había luz solar el volveuse para comprobar se ela o seguía, pero como a súa esposa aínda tiña un  pé na sombra e entón perdeuna para sempre."

Se completaches o cuestionario non esquezas entregalo na biblioteca o luns. Moita sorte!

jueves, 25 de febrero de 2016

Concurso: Quen é quen? Amores de libro. Parella nº 9

Pista para a parella nº 9:
" Le esta fermosa lenda medieval da que hai varias versións e averigua o nome dos seus protagonistas:


"Tras matar al dragón que asolaba la costa irlandesa nuestro héroe reclama como recompensa la mano de una princesa la hija de los reyes de Irlanda, para su tío el rey de Cornualles, ya que, días antes, el monarca había decidido que tomaría por esposa a la joven cuyo mechón de cabello, brillante como el sol y suave como la seda, había sido traído hasta su castillo por una golondrina, y que nuestro protagonista lo reconoció como el de la princesa, se ofrece a traérsela desde Irlanda.
Pero durante el viaje a bordo de la embarcación que los llevaba a Cornualles, algo hace que todo se trastoque. Un bebedizo mágico preparado para la noche de bodas por la reina de Irlanda, a fin de unir eternamente a su hija con su futuro marido, es bebido por equivocación por  lo que hace que ambos inicien su historia de amor prohibido en ese momento.
A partir de entonces, para intentar vivir su relación en plenitud, habrán de esquivar maledicencias y sortear felonías, tramar encuentros furtivos y protagonizar huidas por florestas y páramos desiertos.
Finalmente, su amor es derrotado, aunque solo aparentemente. De sus dos tumbas brotaron una viña y un rosal, que entrelazaron sus ramas verdes, racimos, hojas y rosas, en un abrazo natural, simbolizando de esta forma su unión eterna, pues ni tan siquiera la muerte había podido separarlos."

miércoles, 24 de febrero de 2016

Concurso Quen é quen? Amores de libro. Parella nº 8

Entramos na recta final do noso concurso ! Esta é a pista para a parella nº 8:

" Ela é unha dama da aristocracia rusa casada cun alto funcionario do goberno. Nunha visita a Moscú coñece a un conde, oficial do exército e namóranse. El seguea ata San Petesburgo e convirtense en amantes. A historia complícase cando ela queda embarazada do seu amante e o seu home se entera da infidelidade. Os dous amantes marchan de viaxe a Europa e acaban vivindo en Moscú, onde ela, rexeitada pola sociedade e consumida polos ciumes, acaba suicidándose. A novela comeza con estas palabras:"Todas as familias felices parecense unhas ás outras; pero cada familia infeliz ten un motivo especial para sentirse desgraciada."
Na imaxe podes ver un fotograma dunha das adaptacións cinematográficas desta coñecida novela na que aparecen os dous personaxes que estar a buscar. "

Sorte!

martes, 23 de febrero de 2016

Concurso Quen é quen? Amores de libro. Parella nº7

Esta é a pista da parella nº 7:

" Na foto podes ver a esta escritora, autora, directora e actriz teatral, guionista e tradutora... Foi a primeira muller en obter o doutorado en Filosofía e Letras en España. Firme partidaria da República, formou parte da Junta de Defensa del Tesoro Artístico Nacional e levou a cabo unha intensa tarefa de animación cultural no frente de batalla e tamén participou no traslado dos fondos pictóricos do Museo do Prado para evitar que foran destruídos polos bombardeos da Legión Cóndor durante a Guerra Civil. O seu home recolleu este episodio na súa obra teatral Noche de guerra en el Museo del Prado.  Este poeta, un dos máis importantes do Grupo do 27, definiuse como un poeta " de veras y burlas". Os dous tiveron que exiliarse ao fin da Guerra Civil e volveron a España en 1977"

Xa sabes de quen falamos?

lunes, 22 de febrero de 2016

Concurso Quen é quen? Amores de libro. Parella nº 6

Despois do descanso da fin de semana, volvemos coas pistas para o noso concurso. Esta é a pista para a parella nº 6:
" O comezo da novela onde aparecen estes personaxes é o máis coñecido da literatura española. El é un cabaleiro de triste figura que describe á súa dama da seguinte maneira:"(es) su hermosura sobrehumana pues en ella se vienen a hacer verdaderos todos los imposibles y quiméricos atributos de belleza que los poetas dan a sus damas: que sus cabellos son de oro,su frente campos Elíseos, sus cejas arcos del cielo , sus ojos soles, sus mejillas rosas, sus labios corales, perlas sus dientes, alabastro su cuello, mármol su pecho, marfil sus manos, su blancura nieve,y las partes que a la vista humana encubriò la honestidad so tales, según yo pienso y entiendo, que solo la discreta consideración puede encarecerlas y no compararlas". 
O seu escudeiro, pola contra, fai unha descripción ben diferente desta "dama": "Bien la conozco y se dezir que tira tan bien una barra como el más forzudo zagal de todo el pueblo. Vive el Dador, que es moza de chapa, hecha y derecha, y de pelo en pecho, y que puede sacar la barba del lodo cualquier caballero andante o por andar que le tuuiere por señora ... que rejo tiene y que voz: se dezir que se puso un día encima del campanario del aldea, a llamar unos zagales suyos, que andauan en un barbecho de su padre, y aunque estauan de allí más de media legua, así la oyeron como si estuuieran al pie de la torre y lo mejor que tiene es que no es nada melindrosa porque tiene mucho de cortesana, con todos se burla y de todo hace mueca y donayre."

Xa identificaches á parella nº 6?


viernes, 19 de febrero de 2016

Concurso Quen é quen? Amores de libro. Parella nº 5

Hoxe, venres, temos unha pista un pouquiño máis doada que as anteriores. Lembrade que a pista para a parella nº 6 aparecerá no blog o luns día 22, así que tedes  esta
fin de semana para revisar as vosas respostas.

Esta é a pista para a parella nº 5:

"A súa historia de amor é narrada ao longo de catro libros que foron levados ao cine con moitísimo éxito.  Os dous coinciden no instituto cando a protagonista chega a esta nova cidade para vivir co seu pai. El, vai sempre cos seus irmáns e ningún deles parece ser un fan de pasar horas e horas tendido ao sol. A súa relación pasa por varias fases xa que hai algo que  dificulta o seu amor: cando ela está cos "conxéneres" do seu mozo, non sabe se a ven como unha persoa... ou como unha fonte de alimento! "

Boa sorte e vixiade os vosos pescozos!

jueves, 18 de febrero de 2016

Concurso Quen é quen? Amores de libro. Parella nº 4

Esta é a pista para a parella nº 4:

" El foi  un dos máis importantes poetas do dolce stil nuovo e un dos promotores do Humanismo. Ela era a súa veciña. O poeta namorouse dela cando tiña nove anos, pero o seu foi un amor platónico , non correspondido , xa que non intercambiaron máis dunha ducia de palabras na súa vida. Ela casou con Simón de Bradi e morreu con 25 anos. Nunha das obras máis importantes do poeta nárrase a viaxe ao Paradiso, o Inferno e o Purgatorio na que exercen como guías Virxilio e a súa amada.
 Este cadro do pintor prerrafaelita Henry Holiday inspírase na obra do poeta Vita nuova no que describe o seu amor por esta muller. O cadro  reflicte o momento no que se atopan pola rúa en Florencia e ela négalle o saúdo tras escoitar o rumor de que el cortexaba a outras damas ( o poeta pretendía ocultar o seu amor finxíndose interesado noutras mulleres)"
Xa identificaches á parella nº 4?

martes, 16 de febrero de 2016

Concurso Quen é quen? Amores de libro. Parella nº 3

Esta é a pista para a parella nº 3:

" Foron dous dos poetas franceses máis importantes de finais do século XIX , vinculados a movementos como o Simbolismo e o Parnasianismo, e autoproclamáronse "poetas malditos". A súa tumultuosa relación estivo marcada polo escándalo e acabou con un deles ferido de bala polos disparos do outro. A directora de cine Agnieszka Holland levou esta historia á pantalla nunha película de 1995 na que Leonardo di Caprio interpretaba o papel do poeta que ves na imaxe"

Xa descubriches a identidade da parella nº 3?

Hora de ler, hora de lecer

Hoxe a 7ª hora é " reading time"! Aproveita para ler algunha das historias de amor expostas na biblioteca. Se aínda así non sabes que libro escoller, aquí tes unha serie de libros recomendados por Nazaret Mouta e Alba Brea

A dos centímetros de ti – Elizabeth Eulberg.
La canción número siete. Lena Blau.
Como desees. Anabel Botella.
El cielo está en cualquier lugar – Jandy Nelson
Bajo la misma estrella – John Green
Nadie como tú – J.A Redmerski
Boomerang – Noelle August
Zac & Mia – A.J Bett


(Fonte da imaxe: gratisography. com)

Concurso Quen é quen? Amores de libro. Parella nº 2

Esta é a pista para a parella nº 2.

" Ovidio recolle a tráxica historia de amor desta parella na súa obra Metamorfoses, xa que explica a orixe da cor das amoras.  A súa historia é a seguinte: 
Os protagonistas eran dous mozos namorados que vivían en casas contiguas O seu amor non era aceptado polos seus pais e, por iso, apenas podían comunicarse. Pero un día descubriron unha fenda nunha das paredes que comunicaba unha casa coa outra e comezaron a ter conversas a través dela. O tempo pasou e os dous namorados, desexosos de verse, citáronse á beira dunha moreira. A rapaza chegou antes da hora prevista e, mentres o esperaba, apareceu unha leoa que viña de cazar e tiña cheos de sangue os fociños. A rapaza asustouse ao vela e,escondeuse e na súa escapada caeulle o velo. A leoa xogou con el e desgarrouno todo, enchéndoo de sangue. Cando o seu namorado chegou e viu o velo da rapaza esnaquizado e cheo de sangue, pensou que o animal acabara coa vida da xove; colleu a súa espada e, desesperado, cravouna no seu corpo. Cando ela saíu do seu escondedoiro e atopou o corpo sen vida do seu amado, caeu presa da desesperación, colleu a espada e atravesou o seu fráxil corpo con ela. O sangue dos dous rapaces tinguiu os froitos da moreira próxima ós seus corpos, que antes eran de cor branca, e dende entón os froitos teñen a cor do sangue." ( Fonte: galipedia)
Na imaxe podes ver un cadro da protagonista desta historia do pintor prerrafaelita John William Waterhouse.

Xa descubriches a identidade da parella nº 2?

lunes, 15 de febrero de 2016

Concurso Quen é quen? Amores de libro. Parella nº 1

Esta é a pista para a parella nº 1:

" Os dous eran escritores ingleses e amigos de Lord Byron. El foi poeta e ela é considerada a creadora de literatura de ciencia-ficción pola súa novela na que se dá vida a un ser inerte. A súa relación foi un gran escándalo na época xa que  ela , cando tiña dezaseis, fuxiu con el, que era un home casado, e non formalizaron a súa relación ata o suicidio da súa esposa. Cando o poeta morreu afogado, cóntase que ela gardou ata a morte o seu corazón"

Este é un retrato da escritora
Sabes de que parella  falamos?
.............................. e...............................

viernes, 12 de febrero de 2016

Concurso de San Valentín: Quen é quen ? Amores de libro


Ao longo das dúas próximas semanas deixaremos pistas para identificar a parellas famosas  relacionadas coa literatura. Se queredes participar no concurso, pedide na biblioteca o  cuestionario  e estade atentos e atentas á pista que diariamente publicaremos no blog .  Cubride o cuestionario e entregádeo na biblioteca o luns 29. O premio sortearase entre os acertantes do cuestionario no 2º recreo do martes 1 de marzo.
Moita sorte!

Este febreiro na nosa biblioteca hai amor a mares

Este mes de febreiro enchemos a nosa biblioteca de amores e amares. Nos expositores do centro podedes atopar algunhas das máis famosas historias de amor. Animádevos a lelas! 
Coa colaboración dos alumnos e das alumnas de Literatura Universal de 1º de bacharelato temos preparado algunhas sorpresas que poderedes ver na biblioteca al longo da próxima semana. Grazas Ana, Nicolas, Anxo, Alba,Joao , Nerea, Nazaret, Katia Miriam e Matías pola vosa axuda!

martes, 2 de febrero de 2016

domingo, 31 de enero de 2016

O lector crítico: El mundo amarillo de Albert Espinosa (Miriam Rodríguez Somoza)



¿Alguna vez te has planteado de qué color es tu mundo?

El escritor y guionista catalán Albert Espinosa lo tiene muy claro: el suyo es de color amarillo. Y por eso titula a su novela autobiográfica “El Mundo Amarillo”, donde nos explica cómo luchó contra esa maldita
enfermedad –el cáncer– que condicionó su adolescencia pero no le quitó las ganas de vivir.

Cargado de optimismo, descubrimos un lugar que es del color del sol, pues para el autor el sol significa luz, fuerza y energía; cualidades que necesitó para no venirse abajo en aquellos años tan duros.

En cuanto a la estructura de la obra, podemos diferenciar cuatro partes que él titula para empezar, para continuar, para vivir y para descansar. En cada una de ellas sigue un orden lineal, pues empieza contándonos cómo cambió su vida desde que entró en el hospital con 14 años hasta que salió con 24, y todas sus vivencias de en medio (terapias, compañeros de habitación, carreras en silla de ruedas, médicos, adolescencia…)

No se puede hablar de “personajes” a la manera tradicional dado que es una autobiografía, pero encontramos la figura de “los amarillos”. Llama él así a aquellas personas que encuentras en cualquier sitio de repente o conocidos con los que resulta que conectas de una forma especial, y logran cambiar tu vida (mucho o poco.) Según Albert, es una forma nueva de ver la amistad y todos tendremos veintitrés amarillos a lo largo de nuestras vidas.

Hay que recordar que esta obra es la base de la exitosa serie “Pulseras Rojas” y la película “Planta 4ª”, de las cuales él también es guionista. En ambas la enfermedad se plantea como una batalla que nunca se da por perdida y que no debe impedir que seas feliz.

Aunque algunas críticas lo consideran un libro de “autoayuda” –y realmente ayude–, yo opino que es más que eso. No pretende dar soluciones sino mostrar un camino diferente para enfrentarse a los problemas, como no dejar que una enfermedad por grave que sea se convierta en el centro de nuestra vida.

Recomiendo totalmente su lectura porque rompe los esquemas de lo que estamos habituados a leer y también porque es una inyección de positividad que a todos nos hace falta.

“Si crees en tus sueños… ellos se crearán,porque creer y crear están a una letra de distancia.”

 Se queres máis información entra na web do autor http://www.albertespinosa.com/libros/el-mundo-amarillo

martes, 26 de enero de 2016

AVISO IMPORTANTE

Estamos renovando o mobiliario da biblioteca , polo que, mañá mércores a biblioteca estará pechada.
Tentaremos estar de novo en funcionamento o xoves no 1º recreo.
Disculpade as molestias!

lunes, 25 de enero de 2016

Hora de ler, hora de lecer!

Xa sabes que libro vas traer mañá para a hora de ler? Se non o tes claro, pasa pola biblioteca no recreo e escolle unha boa lectura . Lembrade que mañá lemos a 5ª hora


domingo, 24 de enero de 2016

O lector crítico: El faro del fin del mundo de Jules Verne (Anxo Baúlde Hermo)



"El Faro del Fin del Mundo" (Le Phare du Bout du Monde) es una obra a título póstumo del escritor de ciencia-ficción y aventura Julio Verne. La obra fue corregida por su hijo, Michel Verne, tras la muerte del principal autor francés. Julio Verne nació en la ciudad de Nantes en 1828 y falleció en Amiens en 1905. Este libro tiene una adaptación cinematográfica en la que se rodó buena parte de la película en el Cabo de Creus, en la costa brava catalana.

La trama de este libro está basada en un faro situado en la Isla de los Estados, en la Tierra del Fuego argentina, llamado Faro de San Juan de Salvamento, y apodado como el mismo título de la obra debido a la fama que le fue dada tras la publicación de ésta.
La historia que nos relata el autor francés nos habla de 3 personas enviadas a la Isla de los Estados para mantener el funcionamiento correcto del Faro, guiando a los barcos y evitando que encallen en las rocas de la isla. Estas tres personas son Vázquez, Moriz y Felipe, que deben esperar 3 meses allí a su relevo. Allí descubrirán que ellos no están solos.

En mi opinión, es un buen libro que mantiene al lector enganchado y deseando saber qué es lo que ocurrirá a continuación. En los personajes destaco a Vázquez, una persona valiente e incansable que no se detiene ante las adversidades que se le presentarán.

Podemos ver que el narrador está en tercera persona y es omnisciente, por lo que, gracias a ello, podemos sentir y pensar nosotros lo mismo que piensa el propio personaje. La estructura del libro es una estructura lineal, con presentación de la Isla y los personajes, el nudo y su desenlace.

Como ya dije antes, no hace falta dudar del talento literario de Julio Verne para relatar una historia que, como vuelvo a decir, dejará al lector con las ganas de saber cual será el próximo movimiento de los protagonistas, mientras esperan que pasen los 3 meses para abandonar la isla.

miércoles, 20 de enero de 2016

Estreamos sección no blog!


Queres facer unha crítica do libro que acabas de ler? Non sabes que libro escoller e gustaríache saber que lles pareceu aos teus compañeiros e compañeiras? Consulta a nosa nova sección no blog: O lector crítico.
Cada semana publicaremos críticas literarias feitas polos vosos compañeiros e compañeiras.
Esperamos que participedes  e nos mandedes as vosas críticas ao correo da biblioteca: biblioabasella@gmail.com
Manda unha breve reseña do libro ( título, autor, xénero - aventuras, amor...- e argumento - sen spoilers !!!!!- ) e a túa crítica. Indica tamén o teu nome e curso.

lunes, 18 de enero de 2016

Hora de ler, hora de lecer!

Mañá a 4ª hora, aproveita para abrir unha porta a novos mundos a través da lectura. Que disfrutes da nosa hora de ler!

lunes, 11 de enero de 2016

Hora de ler, hora de lecer!

Inauguramos a hora de ler de 2016. Lembrade que mañá martes día 12 de xaneiro a nosa hora de ler será a 3ª hora. Seguro que tedes novos libros para ler. Aproveitade!

jueves, 7 de enero de 2016

Benvidos!

Xa estamos de novo aquí! Empezamos un novo trimestre e xa sabes que na biblioteca podes atopar os libros de lectura obrigatoria desta avaliación, podes estudar, consultar internet, ler cómics,"cotillear" no recuncho das novidades, apuntarte ao club de lectura, colaborar no noso blog...

E ti, que les?

Queres ilustrar o noso post semanal Hora de ler, hora de lecer? Envía unha foto orixinal relacionada coa lectura ( o teu rincón favorito para ler, o teu libro favorito, o que estás lendo estes días...) ao correo da biblioteca  biblioabasella@gmail.com e as fotos seleccionadas recibirán un premio e serán publicadas ao longo do mes de febreiro para anunciar a nosa hora de ler. Participa! O prazo de recepción de fotos remata o 31 de xaneiro


martes, 5 de enero de 2016

Hoxe e noite de reis!

Xa tes escrita a túa carta aos Reis Magos? Non esquezas pedir algún libro novo para a túa biblioteca.

viernes, 1 de enero de 2016

Feliz 2016!


Empezamos un novo ano cheo de novas lecturas e actividades na biblioteca. Esperamos que disfrutedes deste espazo que compartimos no centro e que sigades participando en todas as actividades que organicemos desde a biblioteca. Bibliobasella deséxavos un feliz ano. Grazas por estar aí!