sábado, 20 de diciembre de 2014

Aquí tedes as fotos do Nadal

Aquí tedes as fotos do Nadal. Moitas grazas a todos por participar e facer que pasásemos un día estupendo. Disfrutade das vacacións.Vémonos en xaneiro!

viernes, 19 de diciembre de 2014

Bo Nadal!!

Despois dunha semana chea de exames, despedímonos cunha xornada de festa e celebración. Disfrutade das festas e aproveitade estes días fríos para ler un bo libro.

BO NADAL !

jueves, 18 de diciembre de 2014

Tralos pasos de Pessoa

Os alumnos e alumnas de Literatura Universal e Arte de 2º de bacharelato realizaron unha viaxe a Lisboa para coñecer a cidade onde viviu Pessoa.

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Empeza a conta atrás para o concurso da Bibliobatea!!!! Participa

 Mañá péchase esta 1ª edición do concurso e o venres publicarase o nome da gañadora ou gañador
Nestes momentos, o concurso vai moi igualado. Ninguén contestou a pregunta 4 e aínda estades a tempo!

lunes, 15 de diciembre de 2014

5ª PREGUNTA DO CONCURSO : BIBLIOTECAS DE CINE. PARTICIPA!!!!


Chegamos a derradeira pregunta antes do Nadal. Nesta montaxe podes ver unha serie de bibliotecas que aparecen en distintas películas. Poderías dicirnos o título de cinco destas películas? Sorte!




domingo, 14 de diciembre de 2014

Curiosalibrería

Desde Lisboa, as profes da excursión de 2º de bacharelato mandannos esta foto dunha curiosa librería que atoparon cando paseaban polo Bairro Alto.


sábado, 13 de diciembre de 2014

Participade no concurso de Nadal!

Como outros anos, facemos o concurso de decoración das aulas. Xa sabedes que o proxecto documental sobre o que empezamos a traballar este curso ten como tema a emigración e, por iso, pedímosvos que vos informedes sobre como celebran as festas de nadal noutros países, elixades un país e decoredes as aulas para  facernos "viaxar" ao redor do mundo.

viernes, 12 de diciembre de 2014

A Basella Solidaria: recollida de alimentos

Como outros anos, esta última semana de clases antes do Nadal haberá unha árbore solidaria na entrada do instituto. Podedes traer alimentos non perecederos e artigos de 1ª necesidade ( artigos de hixiene...) O recollido doarase a unha ong local. 

Esperamos que a árbore se nos quede pequena e que recollamos tantas cousas como o ano pasado. Moitas grazas!

martes, 9 de diciembre de 2014

Vilanova polo mundo. Vilanova para o mundo


Holanda, Colombia, Ghana, Alemaña, Francia, Suíza, Venezuela, Arxentina... Vilanova está espallada polo mundo e é un novo fogar para algúns dos nosos compañeiros e veciños. Que sabemos destes países que dalgún xeito están vencellados a Vilanova? O proxecto no que todos traballamos este ano está relacionado coa emigración. Para o nadal organizamos unha serie de actividades moi interesantes nas que contaremos coa colaboración de todos vós e das vosas familias.


lunes, 8 de diciembre de 2014

Pregunta 4 do concurso da Bibliobatea. Participa!!!!

A cousa vaise complicando....


A finais do mes de novembro, falabamos no blog dunha das novidades na biblioteca. No libro desta autora fálase dun famoso matemático e dun cómic maldito. Localiza o libro na biblioteca e contesta ás seguintes preguntas:


  1. Cal é o nome de este matemático e cal o seu alcume?
  2. Por que é famoso nas matemáticas? En que best-seller fan referencia ás súas teorías?
  3. Quen protagoniza o cómic maldito?

lunes, 1 de diciembre de 2014

Pregunta 3 do concurso da Bibliobatea. Participa!!!

Hoxe a pregunta complícase un pouquiño. A criatura imaxinada pola autora do libro resumido no pictograma pobou os pesadelos de moitos rapaces e rapazas. Poderías dicirnos o nome da autora, o nome do seu home e doutro coñecido poeta amigo da parella e o título completo do libro?


Parabéns aos gañadores do 2º reto da Bibliobatea!




Camarón veintiocho, Miriam Rodríguez e Alexia Piñeiro deron coa resposta correcta. O libro do que falabamos era Romeo e Xulieta de William Shakespeare. Se vos animades a lelo, podedes atopalo na biblioteca.

Non vos despistedes que xa tedes o terceiro reto agardando por vós!