martes, 21 de octubre de 2014

Unha lectura para o Samaín: Escarlatina, a cociñeira defunta

O Premio Merlín de Literatura Infantil deste ano é unha lectura moi axeitada para estas datas: Escarlatina, a cociñeira defunta da escritora Ledicia Costas e ilustrado por Víctor Rivas. Anímate a ser o primeiro en lelo e facer unha crítica do libro para o blog!

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a   curiosidade polo mundo da cociña.
A partir de 11 anos

No hay comentarios:

Publicar un comentario