martes, 27 de enero de 2015

Charla con Ramón Caride

Este xoves 29 de Xaneiro, Ramón Caride virá conversar co alumnado de 1º de Bacharelato sobre a súa obra.

Ramón Caride é autor dunha gran cantidade de literatura infantil e xuvenil, poesía e relatos; e é coñecido por nós sobre todo pola súa novela "Sarou", da que poderemos falar e compartir impresións nesta charla. Esta novela, ambientada na comarca de nome Sarou, reflexa a vida das xeracións perdidas, da reconversión dos vellos oficios e do narcotráfico.

Algunhas das novelas ou libros de relatos de Ramón Caride, están ilustrados por debuxantes tan afamados como Miguel Anxo Prado ou Manuel Busto. As integrantes do Club de Lectura de A Basella, estivemos a ler "Endogamia 0.2", un libro de relatos de Caride ilustrado por Manuel Busto (que ademáis é o profesor de Educación Plástica e Visual do noso instituto), así que aproveitaremos tamén para comentar con eles as nosas impresións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario