sábado, 27 de junio de 2015

Que pasou este curso na biblioteca?

Estes dous últimos cursos foron cursos de cambios na biblioteca do centro. Moitos/as profesores e profesoras tentamos facer da biblioteca un espazo máis agradable e vivo e, para logralo,  cambiamos o mobiliario, adornamos as paredes, organizamos actividades...Mais todo este traballo non tería sentido sen a participación dos/as alumnos e alumnas do centro, que tomaron este espazo ao asalto, o encheron de xente nos recreos e participaron de forma entusiasta  en todas as actividades. Moitas grazas  a todos e todas. Isto danos ánimo para seguir traballando o curso próximo para mellorar o que xa se fixo e implicar ás nais e pais no noso proxecto. Na memoria podes ler todas as actividades que fixemos este ano.


No hay comentarios:

Publicar un comentario