miércoles, 23 de septiembre de 2015

Benvidos e benvidas a este novo curso!

Empezamos un novo curso con moitísimas ideas e ganas de traballar na biblioteca do instituto. Todo o que se fixo o ano pasado deu os seus froitos e este ano, por vez primeira, fomos selecionados para formar parte do PLAMBE ( Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares). Isto anímanos máis que nunca a seguir traballando para poñer ao día a nosa biblioteca. As nosas liñas de actuación son as seguintes:


  • Mellora do espazo físico da biblioteca para facelo máis agradable, cómodo e funcional.
  • Renovación e actualización dos fondos da biblioteca
  • Creación de novos espazos de lectura no centro: actualizar as bibliotecas de aula, crear recunchos de lectura na cafetería e outros espazos.
  • Formación de usuarios: achegar a biblioteca ao alumnado do centro
  • Dinamización : a través de actividades, concursos,clubes de lectura, o blog da biblioteca, celebración de efemérides...
  • Coordinación do proxecto documental do centro deste curso.
  • Colaboración coas familias.
Contamos con a vosa axuda, suxestións e participación para facer da biblioteca un espazo vivo, de todos e todas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario