miércoles, 9 de diciembre de 2015

Club de Lectura de adult@s

Hoxe fixemos a primeira reunión do club de lectura de adult@s do IES A Basella. A lectura que escollimos foi El músico ciego de Vladímir Galaktiónovich Korolenko (Ucrania, 1853-1921) , novelista  e activo xornalista  que levou a cabo numerosas campañas contra o abuso do poder e dirixiu numerosas revistas. Como novelista acadou gran sona coa súa obra O sono de Makar
Na súa novela O músico cego , fai un retrato dunha familia acomodada da Ucraina rural que, ante o nacemento do seu fillo cego, toman distintas posturas: o pai desenténdese do seu fillo, a súa nai trata de protexelo e, ao mesmo tempo, de crear un vínculo de comunicación especial entre os dous a través da música e o seu tío Maxim, que quedou inválido loitando con Garibaldi, opta por non darlle facilidades para que sexa unha persona independente e autónoma a pesar da súa cegueira. O autor transmítenos tamén, dunha forma chea de lirismo, o drama interior de Piotrus,  o protagonista, e o seu proceso de captación da realidade a través do tacto e o ouvido. Unha novela máis que recomendable!

Aproveitamos tamén esta reunión para escoller unha nova lectura, Os elefantes de Sokúrov de Antón Riveiro Coello. Estamos desexando empezar coa lectura!

No hay comentarios:

Publicar un comentario