martes, 16 de febrero de 2016

Concurso Quen é quen? Amores de libro. Parella nº 2

Esta é a pista para a parella nº 2.

" Ovidio recolle a tráxica historia de amor desta parella na súa obra Metamorfoses, xa que explica a orixe da cor das amoras.  A súa historia é a seguinte: 
Os protagonistas eran dous mozos namorados que vivían en casas contiguas O seu amor non era aceptado polos seus pais e, por iso, apenas podían comunicarse. Pero un día descubriron unha fenda nunha das paredes que comunicaba unha casa coa outra e comezaron a ter conversas a través dela. O tempo pasou e os dous namorados, desexosos de verse, citáronse á beira dunha moreira. A rapaza chegou antes da hora prevista e, mentres o esperaba, apareceu unha leoa que viña de cazar e tiña cheos de sangue os fociños. A rapaza asustouse ao vela e,escondeuse e na súa escapada caeulle o velo. A leoa xogou con el e desgarrouno todo, enchéndoo de sangue. Cando o seu namorado chegou e viu o velo da rapaza esnaquizado e cheo de sangue, pensou que o animal acabara coa vida da xove; colleu a súa espada e, desesperado, cravouna no seu corpo. Cando ela saíu do seu escondedoiro e atopou o corpo sen vida do seu amado, caeu presa da desesperación, colleu a espada e atravesou o seu fráxil corpo con ela. O sangue dos dous rapaces tinguiu os froitos da moreira próxima ós seus corpos, que antes eran de cor branca, e dende entón os froitos teñen a cor do sangue." ( Fonte: galipedia)
Na imaxe podes ver un cadro da protagonista desta historia do pintor prerrafaelita John William Waterhouse.

Xa descubriches a identidade da parella nº 2?

No hay comentarios:

Publicar un comentario