Mostrando entradas con la etiqueta 8 marzo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 8 marzo. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de marzo de 2016

Marzo: Mulleres e literatura. As sinsombrero

As sinsombrero é un proxecto que pretende dar visibilidade a unha serie de mulleres que tamén formaron parte da Xeración do 27, compartiron espazos e actividades con escritores como Lorca, Alberti, con pintores como Dalí ou cineastas como Buñuel. Eles son nomes de sobra coñecidos por todos e todas e elas foron esquecidas. Podes visitar a web do proxecto ou ver un vídeo sobre este proxecto

miércoles, 2 de marzo de 2016

Este mes na biblioteca...Mulleres e literatura

Para celebrar o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, este mes  todo xira na nosa biblioteca  ao redor da muller. Falaremos no noso blog de muller e literatura, de mulleres científicas e artistas esquencidas e moitas veces silenciadas.Nos expositores poderás atopar suxestións de lecturas relacionadas coa muller e haberá, ademais, un concurso sobre este tema. Estade atentos e atentas a todas as novidades!


domingo, 8 de marzo de 2015

Feliz 8 de marzo para todas!

Hoxe conmemoramos o Día da Muller Traballadora con este pequeno homenaxe,  feito polas alumnas e alumnos de 4ºPDC, ás mulleres investigadoras e creadoras. Moitas delas foron ninguneadas polos seus colegas ou despreciadas ou ignoradas pola sociedad.
 Clica no enlace para coñecelas.Faltan moitas, é só unha pequena mostra.