Bibliobatea, o blog que che vai ir dando recomendacións para ler, para ver, para visitar... Só tes que seguirnos e comprobar o que facemos desde a biblioteca do IES A Basella. Esperamos os teus comentarios e suxerencias, tamén críticas, sempre e cando sexan construtivas.
Mostrando entradas con la etiqueta Día das letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das letras galegas. Mostrar todas las entradas
miércoles, 27 de mayo de 2015
A Semana Cultural en imaxes
Este é un resumo de todas as actividades realizadas a semana pasada. Foi unha semana estupenda!
viernes, 22 de mayo de 2015
Semana cultural: proxección de curtas
O Departamento de inglés seleccionou unha serie de curtas estupenda para a proxección de hoxe. Tanto alumnos/as como profesores/as disfrutamos moitísimo. Grazas, Xabier!
Cal foi a túa curta favorita?
jueves, 21 de mayo de 2015
Semana Cultural: Aquí xogamos todos!
O alumnado de agrupamento de 2º ESO B estivo investigando e escolleu cinco xogos de distintos países do mundo. Hoxe explicaron estes xogos aos seus compañeiros. O alumnado de 2º ESO B ensinou os xogos aos seus compañeiros/as de 1º ESO A e estes, a 2º ESO A e a 1º ESO B.
Pasamos unha xornada estupenda!
miércoles, 20 de mayo de 2015
Semana Cultural: a caza do tesouro
A caza do tesouro para celebrar o Día das Letras Galegas estivo moi, moi reñida. Os equipos percorreron todo o centro para atopar ás respostas. Tiveron que preguntar a profes, buscar libros na biblioteca, descubrir pistas nas distintas exposicións que había polo centro, resolver encrucillados... buscaron mesmo debaixo das pedras! Aquí podedes velos en plena acción
Lembrade: o venres daremos os premios de 1º e 2º ciclo de ESO
Semana cultural: visita as exposicións
Esta semana podes ver polo centro moitas e moi variadas exposicións:
- As palabras tamén viaxan, unha exposición feita polo alumnado de 4º de diversificación na que poderás descubrir que palabras do galego e do castelán proceden doutras linguas e cando entraron nas nosas linguas. Tamén poderás ver como o castelán emigrou a outras partes do mundo e aprenderás algo máis do spanglish e do sefardí.
- Alén do mar: exposicións de fotografías
- Pintores na emigración: un traballo sobre a obra de Seoane e Castelao, vinculado tamén ao noso proxecto
- A obra de Filgueira Valverde
martes, 19 de mayo de 2015
Charla de Ramón Cid
O martes pola tarde estivo no centro Ramón Cid que deu unha interesantísima charla aos alumnos e alumnas de 1º de bacharelato sobre o LHC. Se queredes saber máis, visitade o blog basellafala
lunes, 18 de mayo de 2015
Actividades na Semana das Letras Galegas
Esta semana faremos varias actividades para celebrar o Día das Letras Galegas. Ademais, moitos dos traballos vinculados ao noso proxecto documental sobre a emigración, e nos que estivemos traballando ao longo do curso, por fin sairán á luz e tod@s poderemos velos.
Este é un pequeno resumo das actividades que faremos estes días. Esperamos que as disfrutedes.
Luns 18 de maio:
- Apertura da exposición “Obra de Filgueira Valverde”.
Martes 19 de maio:
- Francofonía (1º-4º ESO)
- Charla de Ramón Cid para o alumnado de 1º de Bacharelato.
Mércores 20 de maio:
- Exposicións: “Alén do mar”, “Pintores na emigración” e “As palabras tamén viaxan” .
- Busca do tesouro (1º-4º ESO )
- Debate: globalización-emigración (4º ESO B)
Xoves 21 de maio:
- Debate: globalización-emigración (4º ESO A)
- Xogos do mundo (1º ciclo ESO )
Venres 22 de maio:
- Ciclo de cine (organizado polo Departamento de Inglés)
- Degustación de produtos típicos (organizado polo Departamento de Francés)
- Entrega de premios
domingo, 17 de mayo de 2015
Día das Letras Galegas
Comezamos a celebración do Día das Letras Galegas cun xogo de pistas organizado polos equipos de organización lingüística dos IES da nosa localidade. O venres 15, equipos de alumnado de 1º da ESO do Faro das Lúas e A Basella, percorreron as rúas de Vilanova buscando en lugares emblemáticos da vila, as pistas para construír o lema "A lingua galega é o noso tesouro". Se queredes ver fotos da actividade, visitade o blog basellafala
Feliz Día das Letras Galegas!
Esta semana, para celebrar o Día das Letras Galegas, faremos unha chea de actividades no instituto. Ven preparad@!
Coñeces a Xosé Filgueira Valverde? No instituto poderás ver unha exposición dalgunhas das súas obras. Damos as grazas a Emilio por prestarnos estes exemplares.
Tamén haberá unha caza do tesouro por grupos. Sodes quen de resolver todas as probas?
jueves, 14 de mayo de 2015
Xa está aquí o Día das Letras Galegas!
Quentamos motores para celebrar o Día das Letras Galegas! Aquí tedes un pequeno avance das actividades que temos preparadas para este venres e para a próxima semana:
Grazas ,Raquel por prestarnos esta foto!
sábado, 17 de mayo de 2014
Día das letras galegas
O Festival de Cans súmase á celebración do Día das Letras Galegas con este chimpín decorado para a ocasión:
viernes, 16 de mayo de 2014
CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS COA CAZA DO TESOURO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


