Bibliobatea, o blog que che vai ir dando recomendacións para ler, para ver, para visitar... Só tes que seguirnos e comprobar o que facemos desde a biblioteca do IES A Basella. Esperamos os teus comentarios e suxerencias, tamén críticas, sempre e cando sexan construtivas.
Mostrando entradas con la etiqueta charlas na biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta charlas na biblioteca. Mostrar todas las entradas
martes, 19 de mayo de 2015
Charla de Ramón Cid
O martes pola tarde estivo no centro Ramón Cid que deu unha interesantísima charla aos alumnos e alumnas de 1º de bacharelato sobre o LHC. Se queredes saber máis, visitade o blog basellafala
lunes, 13 de abril de 2015
A Basella solidaria: charla de Juan Sosa Maldonado
Hoxe celebramos unha Xornada polos Dereitos Humanos coa visita de Juan Sosa Maldonado.
O avogado e defensor de pobos e comunidades indíxenas en Oxaca deu unha interesantísima charla-coloquio ao alumnado de 4º de ESO e 1ª de Bacharelato sobre a dura e terrible situación que se vive actualmente en México. Grazas a nosa profesora de filosofía, Carmen Díaz, por organizala.
Aquí podedes ver máis fotos da charla: https://www.facebook.com/amnistiavigo/photos/a.10152957721873801.1073741870.301243608800/10152957737173801/?type=1&theater
viernes, 10 de abril de 2015
A Basella solidaria: charla con Juan Sosa Maldonado
O próximo luns visítanos o avogado activista polos DDHH das comunidades indíxenas de Oaxaca, Juan Sosa Maldonado, quen actualmente, vive en Lugo por ter fuxido do seu país tras ser vítima do sistema xudicial en México. Seguro que o seu relato non che deixa indiferente.
Aquí podes escoitar unha entrevista súa do ano pasado: http://www.rtve.es/alacarta/live_audio_PopUp.shtml?idAudio=2839055&lang=es&v=0.75
martes, 27 de enero de 2015
Charla con Ramón Caride
Este xoves 29 de Xaneiro, Ramón Caride virá conversar co alumnado de 1º de Bacharelato sobre a súa obra.
Ramón Caride é autor dunha gran cantidade de literatura infantil e xuvenil, poesía e relatos; e é coñecido por nós sobre todo pola súa novela "Sarou", da que poderemos falar e compartir impresións nesta charla. Esta novela, ambientada na comarca de nome Sarou, reflexa a vida das xeracións perdidas, da reconversión dos vellos oficios e do narcotráfico.
Algunhas das novelas ou libros de relatos de Ramón Caride, están ilustrados por debuxantes tan afamados como Miguel Anxo Prado ou Manuel Busto. As integrantes do Club de Lectura de A Basella, estivemos a ler "Endogamia 0.2", un libro de relatos de Caride ilustrado por Manuel Busto (que ademáis é o profesor de Educación Plástica e Visual do noso instituto), así que aproveitaremos tamén para comentar con eles as nosas impresións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

