Mostrando entradas con la etiqueta Amnistía Internacional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Amnistía Internacional. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de abril de 2015

A Basella solidaria: Parabéns para Jose Antonio e Belén


Jose Antonio Vázquez Millán (2º Bach) co seu relato Revolución, e Belén Paz Allo (1º Bach), autora de Piromanía, conseguiron o 1º e 3º premio (compartido co 4ª finalista), no Concurso de microrrelatos convocado por Amnistía Internacional co lema "O meu corpo, os meus dereitos". 

Parabéns para @s premiad@s e para tod@s @s participantes.

Se queredes ver máis fotos do acto de entrega, preme neste link: Acto de entrega

martes, 21 de abril de 2015

A Basella solidaria. xa queda menos!!

Así están os finalistas esperando a saber a decisión do xurado. Moita sorte!



A Basella solidaria: Día de nervios


Hoxe, ás 20:00 na sala de conferencias da sede de Afundación, Policarpo Sanz, 24-26 darase entrega dos premios aos gañadores do I Concurso de Microrrelatos Xuvenil convocado pola Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo.
No transcurso do acto, que será presentado pola Rede de Escolas de AI, intervirán Silvia Freire, coordinadora do Equipo de Mulleres de Amnistía Internacional Galicia e Elisabet Pérez, fundadora da Asociación Nos Mesmas, que falará da situación actual das persoas LGTBI.
Despois da lectura dos microrrelatos por parte dos gañadores, farase entrega dos premios e pechará o acto a escritora María Reimóndez, premio Xerais de Novela 2014.


Hoxe pola tarde, saberemos quen é o gañador ou gañadora do I Concurso de microrrelatos de Amnistía Internacional. Moitísima sorte aos nosos alumnos finalistas!!!!!

lunes, 13 de abril de 2015

A Basella solidaria: charla de Juan Sosa Maldonado

Hoxe celebramos unha Xornada polos Dereitos Humanos coa visita de Juan Sosa Maldonado. 
O avogado e defensor de pobos e comunidades indíxenas en Oxaca deu unha interesantísima charla-coloquio ao alumnado de 4º de ESO e 1ª de Bacharelato sobre a  dura e terrible situación que se vive actualmente en México. Grazas a nosa  profesora de filosofía, Carmen Díaz, por organizala.









viernes, 10 de abril de 2015

A Basella solidaria: charla con Juan Sosa Maldonado


O próximo luns visítanos o avogado activista polos DDHH das comunidades indíxenas de Oaxaca, Juan Sosa Maldonado, quen actualmente, vive en Lugo por ter fuxido do seu país tras  ser vítima do sistema xudicial en México. Seguro que o seu relato non che deixa indiferente.
Aquí podes escoitar unha entrevista  súa do ano pasado:  http://www.rtve.es/alacarta/live_audio_PopUp.shtml?idAudio=2839055&lang=es&v=0.75

miércoles, 1 de abril de 2015

MICRORRELATOS SOLIDARIOS:PARABÉNS!



Os alumnos do IES A Basella de Vilanova de Arousa BELEN PAZ ALLO (1º bach C) e JOSÉ ANTONIO VÁZQUEZ MILLÁN (2º bach A) figuran entre os catro nominados, na categoría de maiores de 16 anos, ao 1º premio do concurso de microrrelatos “O meu corpo, os meus dereitos” organizado por AMNISTÍA INTERNACIONAL (Vigo). Coñecerase o gañador ou gañadora nun acto a celebrar o día 21 de abril no Teatro García Barbón de Vigo. Moita sorte e parabéns aos dous! O noso recoñecemento para tod@s @s partícipes. Axiña poderemos ler os seus textos na nosa revista “A Batea” e na Bibliobatea

 Preme aquí se queres ler os relatos enviados ao concurso