Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de diciembre de 2015

Club de Lectura de adult@s

Hoxe fixemos a primeira reunión do club de lectura de adult@s do IES A Basella. A lectura que escollimos foi El músico ciego de Vladímir Galaktiónovich Korolenko (Ucrania, 1853-1921) , novelista  e activo xornalista  que levou a cabo numerosas campañas contra o abuso do poder e dirixiu numerosas revistas. Como novelista acadou gran sona coa súa obra O sono de Makar
Na súa novela O músico cego , fai un retrato dunha familia acomodada da Ucraina rural que, ante o nacemento do seu fillo cego, toman distintas posturas: o pai desenténdese do seu fillo, a súa nai trata de protexelo e, ao mesmo tempo, de crear un vínculo de comunicación especial entre os dous a través da música e o seu tío Maxim, que quedou inválido loitando con Garibaldi, opta por non darlle facilidades para que sexa unha persona independente e autónoma a pesar da súa cegueira. O autor transmítenos tamén, dunha forma chea de lirismo, o drama interior de Piotrus,  o protagonista, e o seu proceso de captación da realidade a través do tacto e o ouvido. Unha novela máis que recomendable!

Aproveitamos tamén esta reunión para escoller unha nova lectura, Os elefantes de Sokúrov de Antón Riveiro Coello. Estamos desexando empezar coa lectura!

lunes, 19 de octubre de 2015

Comezan a funcionar os Clubs de Lectura no insti!






Estreamos un numeroso e entusiasta Club de Lectura para o 1º ciclo da ESO, e repetimos un curso màis, co Club de Lectura de Bacharelato.








Iremos comentando no blog algunhas das lecturas escollidas, facendo recomendacións, e informando das actividades organizadas polo Club.

Que disfrutedes cos libros tanto coma nòs!!!

viernes, 2 de octubre de 2015

E ti, tamén eres marxista?

Tal día como hoxe, en 1890, nacía Groucho Marx, humorista, actor e escritor. Unha das súas frases máis célebres foi: "Non desexo pertencer a ningún club que acepte como socio a alguén coma min" , pero non coñecía o noso Club de Lectura  ;-)



miércoles, 17 de junio de 2015

Encontro de final de curso do club de lectura

Como despedida do Club de Lectura deste curso, xuntámonos co club do instituto de Faro das Lúas suxeríndonos lecturas interesantes para este verán e o vindeiro curso.

A nosa última escolla é Purga, de Sofi Oksanen, unha novela que relata a dura vida de dúas mulleres na Estonia ocupada polos soviéticos na primeira metade do pasado século.

Desexámosvos un bo verán e que vos animedes a formar parte dos clubs de lectura no próximo curso.

jueves, 23 de abril de 2015

EN ABRIL, LIBROS MIL: Agasallos para o Club de Lectura no Día do Libro

Nada mellor que celebrar o Día do Libro recibindo estes agasallos. Esperamos que disfrutedes coa lectura e que sigades participando nas actividades da biblioteca e do club de Lectura.

miércoles, 15 de abril de 2015

Novidades na biblioteca recomendadas polo Club de Lectura


Entre as últimas escollas do Club de Lectura queremos destacar "El guardián invisible" de Dolores Redondo, unha novela negra ambientada no val navarro de Baztán, que mestura mitoloxía e crime, e cuxa lectura levounos a un interesante intercambio de opinións, algunhas veces encontradas. Se vos animades a lelo tede en conta que é unha triloxía, e que xa dispoñemos na biblio da segunda e terceira parte, "Legado en los huesos" e "Ofrenda a la tormenta".

Outra novidade a ter en conta é unha novela de temática medioambiental que nos debuxa un planeta marcado polas consecuencias do quentamento global: "Diarios del CO2, 2015" de Saci LLoyd. A protagonista desta novela narra en forma de diario, como se ve obrigada a cambiar radicalmente a súa forma de vida debido á implantación de políticas de restrición de emisións de CO2, que tentan evitar os desastres naturais derivados do cambio climático.

A novela que imos comezar estos días no Club de Lectura é "Conduce rápido", de Diego Ameixeiras. 
Xa vos contaremos as nosas impresións, esperamos que nos guste tanto alomenos como "Dime algo sucio", un clásico das lecturas propostas polo profesorado de lingua que é moi recomendable.

viernes, 30 de enero de 2015

Falando da sùa obra e de moitas cousas màis con Ramòn Caride

Disfrutamos moito coa charla e a conversa con Ramòn Caride. As integrantes do Club de Lectura animàmonos a ler outra das sùas obras, "Soños elèctricos". Grazas a tod@s por asistir, ao profesor Manuel Busto por organizar o encontro, e especialmente ao noso convidado.



viernes, 2 de enero de 2015

O Club de Lectura recoméndavos para estas vacacións...

Dende o Club de Lectura queremos facervos partícipes das últimas novas que estamos a ler, tamén en vacacións. Nos últimos meses do xa ano pasado, estivemos a ler o clásico "O vixía no centeo" de J. D. Salinger e a poesía de Carlos Negro "Penúltimas tendencias", lecturas moi recomendables para este tempo de descanso.


 Estamos a ler nas vacacións de Nadal, "Circe ou o pracer do azul" de Begoña Caamaño, unha historia sorprendente da amizade entre dúas mulleres que en principio, poderiamos pensar que non terían motivos para tal amizade. É a historia nunca contada de Penélope e Circe.

Que disfrutedes da lectura e as vacacións!!!

jueves, 27 de noviembre de 2014

Estreamos Club de Lectura

Comezamos o Club de Lectura do Instituto co libro de relatos "Endogamia 0.2", de Ramòn Caride, ilustrado polo noso profesor Manuel Busto. Gustounos especialmente a primeira historia do libro, lectura que vos recomendamos para reflexionar sobre a necesidade da loita contra calquera forma de manifestaciòn da  violencia de xènero.

Estamos a decidir a nosa segunda lectura, aìnda estás a tempo de te incorporar ao Club, esperàmoste!