viernes, 16 de mayo de 2014

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS COA CAZA DO TESOURO

Se atopas polo instituto a xente correndo, lendo os carteis que están no corredor, buscando e rebuscando entre os andeis da biblioteca, perseguindo a Diego para facerlle unha e mil preguntas, non non é que tolearan, participan na caza do tesouro!








jueves, 15 de mayo de 2014

O club de lectura de 1º ciclo da ESO xa está en marcha.

O club de lectura de 1º ciclo da ESO xa está en marcha. Esta semana empezamos con algo pequeniño: Contos de cregos. Despois comentamos o relato de Méndez Ferrín “Os homes e a morte”, que nos fixo reflexionar sobre como actuariamos nós nunha situación parecida. Se te queres unir e ver de que falamos, dar a túa opinión ou, simplemente escoitar, pásate pola biblioteca os venres no primeiro recreo. Atoparasnos alá ao fondo, no recuncho de lectura.

Para ir abrindo boca deixámosche aquí un poema que comentamos na primeira cita, podes deixarnos a túa impresión.

“As minas”

Nos meus sonos de menina
havia sempre uma mina.

Uma mina, um tesouro,
com pedrinhas todas de ouro.

Uma mina de brilhantes,
turquesas e diamantes.

Uma mina, uma nascente
de água fresca transparente.

Hoje ainda sou menina,
mas já pisei uma mina.

Tenho o sonho em estilhaços:
fiquei sem pernas, sem braços.


Luísa Ducla Soares

jueves, 8 de mayo de 2014

La primavera, la sangre altera....Los amores lunáticos de Lorenzo Silva

¡Y eso que su abuelo le había avisado! “ Pablo, el peor error que puede cometer un hombre es perder la cabeza por una mujer inadecuada” ¡Y él se había enamorado de dos!
Pablo , hasta los quince años, había sido totalmente inmune al amor. Pensaba que eso del romanticismo era cosa de chicas y , de repente, ahí estaba él, escuchando canciones ñoñas, hablándole a la luna, escribiendo poemitas  y todo porque se había enamorado lunáticamente de Vanessa, una chica que conoce en la calle, y de su profe de literatura. Menos mal que cuenta con los sabios consejos de su amigo Carlos, todo un experto en historias de amor que acaban en estrepitosos fracasos.

Si quieres saber cómo acaba esta historia, no tienes más que pasarte por la biblioteca.

Si te quedas con ganas de leer algo más de Lorenzo Silva , en la biblioteca tienes también Algún día, cuando pueda llevarte a Varsovia, una novela en la que encontrarás una historia de aventuras y una historia de amor:


Una familia de inmigrantes polacos va a vivir a Getafe. La gente del barrio la acoge con mucho recelo, a diferencia de Laura, la protagonista de la historia, que se siente atraída por ellos e inicia una amistad con uno de los hijos, Andrés, un chico de dieciséis años.
¿Cómo es ese otro desconocido? ¿Qué les ha llevado a abandonar Varsovia?




Además te recomendamos otras obras de este autor : Suad ,La lluvia de París

Representación teatral na Fundación Valle-Inclán

Dentro das actividades de animación á lectura organizadas pola biblioteca do noso centro,  o alumnado de 4º de ESO, o venres, e onte o alumnado de 3º da ESO asistiu á representación teatral "El fantasma de la abuela" na Fundación Valle-Inclán. Queremos agradecerlle á Fundación que nos invitara a ver esta obra que recrea as lendas que inspiraron a obra  Jardín umbrío  de Valle-Inclán.

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2014/05/08/fundacion-valle-inclan-vuelve-sorprender/1019138.html

fai "click" na foto se queres ver o artigo no Faro de Vigo


lunes, 5 de mayo de 2014

Unha recomendación de principio de mes

Debuxos no muro, de Aurora Ruá (Editorial Galaxia)

Un mozo urbanita suspende Historia en xuño e, como castigo, ten que pasar un mes de verán no hospital onde traballa seu pai, mentres os seus amigos están na praia. A el o que de verdade lle gusta é debuxar, non o “rollo” da Historia, pero eses días de verán que parecían un castigo van ser sorprendentes e engaiolantes.

Que che parece se empezas a lelo? Sería unha primicia, pois o libro aínda está quentiño e arrecendendo a tinta. Búscao na biblio.

http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0015210081

miércoles, 23 de abril de 2014

Feliz día do libro!

XXII CONCURSO LITERARIO


Para celebrar o Día do Libro, o  Departamento de Lingua castelá convoca o XXII concurso literario, no que poderán participar todo o alumnado do centro. Nas clases ou en conserxería atoparedes as bases do concurso.
Animádevos e participade!