Desde Lisboa, as profes da excursión de 2º de bacharelato mandannos esta foto dunha curiosa librería que atoparon cando paseaban polo Bairro Alto.
Bibliobatea, o blog que che vai ir dando recomendacións para ler, para ver, para visitar... Só tes que seguirnos e comprobar o que facemos desde a biblioteca do IES A Basella. Esperamos os teus comentarios e suxerencias, tamén críticas, sempre e cando sexan construtivas.
domingo, 14 de diciembre de 2014
sábado, 13 de diciembre de 2014
Participade no concurso de Nadal!
Como outros anos, facemos o concurso de decoración das aulas. Xa sabedes que o proxecto documental sobre o que empezamos a traballar este curso ten como tema a emigración e, por iso, pedímosvos que vos informedes sobre como celebran as festas de nadal noutros países, elixades un país e decoredes as aulas para facernos "viaxar" ao redor do mundo.
viernes, 12 de diciembre de 2014
A Basella Solidaria: recollida de alimentos
Como outros anos, esta última semana de clases antes do Nadal haberá unha árbore solidaria na entrada do instituto. Podedes traer alimentos non perecederos e artigos de 1ª necesidade ( artigos de hixiene...) O recollido doarase a unha ong local.
Esperamos que a árbore se nos quede pequena e que recollamos tantas cousas como o ano pasado. Moitas grazas!
martes, 9 de diciembre de 2014
Vilanova polo mundo. Vilanova para o mundo
Holanda, Colombia, Ghana, Alemaña, Francia, Suíza, Venezuela, Arxentina... Vilanova está espallada polo mundo e é un novo fogar para algúns dos nosos compañeiros e veciños. Que sabemos destes países que dalgún xeito están vencellados a Vilanova? O proxecto no que todos traballamos este ano está relacionado coa emigración. Para o nadal organizamos unha serie de actividades moi interesantes nas que contaremos coa colaboración de todos vós e das vosas familias.
lunes, 8 de diciembre de 2014
Pregunta 4 do concurso da Bibliobatea. Participa!!!!
A cousa vaise complicando....

A finais do mes de novembro, falabamos no blog dunha das novidades na biblioteca. No libro desta autora fálase dun famoso matemático e dun cómic maldito. Localiza o libro na biblioteca e contesta ás seguintes preguntas:
A finais do mes de novembro, falabamos no blog dunha das novidades na biblioteca. No libro desta autora fálase dun famoso matemático e dun cómic maldito. Localiza o libro na biblioteca e contesta ás seguintes preguntas:
- Cal é o nome de este matemático e cal o seu alcume?
- Por que é famoso nas matemáticas? En que best-seller fan referencia ás súas teorías?
- Quen protagoniza o cómic maldito?
lunes, 1 de diciembre de 2014
Pregunta 3 do concurso da Bibliobatea. Participa!!!
Hoxe a pregunta complícase un pouquiño. A criatura imaxinada pola autora do libro resumido no pictograma pobou os pesadelos de moitos rapaces e rapazas. Poderías dicirnos o nome da autora, o nome do seu home e doutro coñecido poeta amigo da parella e o título completo do libro?
Parabéns aos gañadores do 2º reto da Bibliobatea!
Camarón veintiocho, Miriam Rodríguez e Alexia Piñeiro deron coa resposta correcta. O libro do que falabamos era Romeo e Xulieta de William Shakespeare. Se vos animades a lelo, podedes atopalo na biblioteca.
Non vos despistedes que xa tedes o terceiro reto agardando por vós!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

