Bibliobatea, o blog que che vai ir dando recomendacións para ler, para ver, para visitar... Só tes que seguirnos e comprobar o que facemos desde a biblioteca do IES A Basella. Esperamos os teus comentarios e suxerencias, tamén críticas, sempre e cando sexan construtivas.
lunes, 12 de enero de 2015
A Basella solidaria: Concurso de microrrelatos de Amnistía Internacional
Amnistía Internacional convoca un concurso de microrrelatos. Premede nos links para obter máis información ou buscade a páxina de facebook de Amnistía internacional:
https://grupos.es.amnesty.org/es/galicia/grupos/vigo/paginas/noticia/articulo/1o-concurso-de-microrrelatos-xuvenil/
viernes, 2 de enero de 2015
O Club de Lectura recoméndavos para estas vacacións...
Dende o Club de Lectura queremos facervos partícipes das últimas novas que estamos a ler, tamén en vacacións. Nos últimos meses do xa ano pasado, estivemos a ler o clásico "O vixía no centeo" de J. D. Salinger e a poesía de Carlos Negro "Penúltimas tendencias", lecturas moi recomendables para este tempo de descanso.
Estamos a ler nas vacacións de Nadal, "Circe ou o pracer do azul" de Begoña Caamaño, unha historia sorprendente da amizade entre dúas mulleres que en principio, poderiamos pensar que non terían motivos para tal amizade. É a historia nunca contada de Penélope e Circe.
Que disfrutedes da lectura e as vacacións!!!
Estamos a ler nas vacacións de Nadal, "Circe ou o pracer do azul" de Begoña Caamaño, unha historia sorprendente da amizade entre dúas mulleres que en principio, poderiamos pensar que non terían motivos para tal amizade. É a historia nunca contada de Penélope e Circe.
Que disfrutedes da lectura e as vacacións!!!
sábado, 20 de diciembre de 2014
Aquí tedes as fotos do Nadal
Aquí tedes as fotos do Nadal. Moitas grazas a todos por participar e facer que pasásemos un día estupendo. Disfrutade das vacacións.Vémonos en xaneiro!
viernes, 19 de diciembre de 2014
Bo Nadal!!
Despois dunha semana chea de exames, despedímonos cunha xornada de festa e celebración. Disfrutade das festas e aproveitade estes días fríos para ler un bo libro.
BO NADAL !
BO NADAL !
jueves, 18 de diciembre de 2014
Tralos pasos de Pessoa
Os alumnos e alumnas de Literatura Universal e Arte de 2º de bacharelato realizaron unha viaxe a Lisboa para coñecer a cidade onde viviu Pessoa.
miércoles, 17 de diciembre de 2014
Empeza a conta atrás para o concurso da Bibliobatea!!!! Participa
Mañá péchase esta 1ª edición do concurso e o venres publicarase o nome da gañadora ou gañador
Nestes momentos, o concurso vai moi igualado. Ninguén contestou a pregunta 4 e aínda estades a tempo!
Nestes momentos, o concurso vai moi igualado. Ninguén contestou a pregunta 4 e aínda estades a tempo!
lunes, 15 de diciembre de 2014
5ª PREGUNTA DO CONCURSO : BIBLIOTECAS DE CINE. PARTICIPA!!!!
Chegamos a derradeira pregunta antes do Nadal. Nesta montaxe podes ver unha serie de bibliotecas que aparecen en distintas películas. Poderías dicirnos o título de cinco destas películas? Sorte!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

