Ao longo desta semana, a biblioteca permanecerá aberta durante todo o horario lectivo. O préstamo de libros comezará nuns días, cando estea actualizada a listaxe de usuarios. Moitas grazas
Bibliobatea, o blog que che vai ir dando recomendacións para ler, para ver, para visitar... Só tes que seguirnos e comprobar o que facemos desde a biblioteca do IES A Basella. Esperamos os teus comentarios e suxerencias, tamén críticas, sempre e cando sexan construtivas.
miércoles, 23 de septiembre de 2015
Benvidos e benvidas a este novo curso!
Empezamos un novo curso con moitísimas ideas e ganas de traballar na biblioteca do instituto. Todo o que se fixo o ano pasado deu os seus froitos e este ano, por vez primeira, fomos selecionados para formar parte do PLAMBE ( Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares). Isto anímanos máis que nunca a seguir traballando para poñer ao día a nosa biblioteca. As nosas liñas de actuación son as seguintes:
- Mellora do espazo físico da biblioteca para facelo máis agradable, cómodo e funcional.
- Renovación e actualización dos fondos da biblioteca
- Creación de novos espazos de lectura no centro: actualizar as bibliotecas de aula, crear recunchos de lectura na cafetería e outros espazos.
- Formación de usuarios: achegar a biblioteca ao alumnado do centro
- Dinamización : a través de actividades, concursos,clubes de lectura, o blog da biblioteca, celebración de efemérides...
- Coordinación do proxecto documental do centro deste curso.
- Colaboración coas familias.
Contamos con a vosa axuda, suxestións e participación para facer da biblioteca un espazo vivo, de todos e todas.
jueves, 27 de agosto de 2015
viernes, 7 de agosto de 2015
miércoles, 5 de agosto de 2015
lunes, 3 de agosto de 2015
lunes, 27 de julio de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





