martes, 16 de febrero de 2016

Concurso Quen é quen? Amores de libro. Parella nº 3

Esta é a pista para a parella nº 3:

" Foron dous dos poetas franceses máis importantes de finais do século XIX , vinculados a movementos como o Simbolismo e o Parnasianismo, e autoproclamáronse "poetas malditos". A súa tumultuosa relación estivo marcada polo escándalo e acabou con un deles ferido de bala polos disparos do outro. A directora de cine Agnieszka Holland levou esta historia á pantalla nunha película de 1995 na que Leonardo di Caprio interpretaba o papel do poeta que ves na imaxe"

Xa descubriches a identidade da parella nº 3?

Hora de ler, hora de lecer

Hoxe a 7ª hora é " reading time"! Aproveita para ler algunha das historias de amor expostas na biblioteca. Se aínda así non sabes que libro escoller, aquí tes unha serie de libros recomendados por Nazaret Mouta e Alba Brea

A dos centímetros de ti – Elizabeth Eulberg.
La canción número siete. Lena Blau.
Como desees. Anabel Botella.
El cielo está en cualquier lugar – Jandy Nelson
Bajo la misma estrella – John Green
Nadie como tú – J.A Redmerski
Boomerang – Noelle August
Zac & Mia – A.J Bett


(Fonte da imaxe: gratisography. com)

Concurso Quen é quen? Amores de libro. Parella nº 2

Esta é a pista para a parella nº 2.

" Ovidio recolle a tráxica historia de amor desta parella na súa obra Metamorfoses, xa que explica a orixe da cor das amoras.  A súa historia é a seguinte: 
Os protagonistas eran dous mozos namorados que vivían en casas contiguas O seu amor non era aceptado polos seus pais e, por iso, apenas podían comunicarse. Pero un día descubriron unha fenda nunha das paredes que comunicaba unha casa coa outra e comezaron a ter conversas a través dela. O tempo pasou e os dous namorados, desexosos de verse, citáronse á beira dunha moreira. A rapaza chegou antes da hora prevista e, mentres o esperaba, apareceu unha leoa que viña de cazar e tiña cheos de sangue os fociños. A rapaza asustouse ao vela e,escondeuse e na súa escapada caeulle o velo. A leoa xogou con el e desgarrouno todo, enchéndoo de sangue. Cando o seu namorado chegou e viu o velo da rapaza esnaquizado e cheo de sangue, pensou que o animal acabara coa vida da xove; colleu a súa espada e, desesperado, cravouna no seu corpo. Cando ela saíu do seu escondedoiro e atopou o corpo sen vida do seu amado, caeu presa da desesperación, colleu a espada e atravesou o seu fráxil corpo con ela. O sangue dos dous rapaces tinguiu os froitos da moreira próxima ós seus corpos, que antes eran de cor branca, e dende entón os froitos teñen a cor do sangue." ( Fonte: galipedia)
Na imaxe podes ver un cadro da protagonista desta historia do pintor prerrafaelita John William Waterhouse.

Xa descubriches a identidade da parella nº 2?

lunes, 15 de febrero de 2016

Concurso Quen é quen? Amores de libro. Parella nº 1

Esta é a pista para a parella nº 1:

" Os dous eran escritores ingleses e amigos de Lord Byron. El foi poeta e ela é considerada a creadora de literatura de ciencia-ficción pola súa novela na que se dá vida a un ser inerte. A súa relación foi un gran escándalo na época xa que  ela , cando tiña dezaseis, fuxiu con el, que era un home casado, e non formalizaron a súa relación ata o suicidio da súa esposa. Cando o poeta morreu afogado, cóntase que ela gardou ata a morte o seu corazón"

Este é un retrato da escritora
Sabes de que parella  falamos?
.............................. e...............................

viernes, 12 de febrero de 2016

Concurso de San Valentín: Quen é quen ? Amores de libro


Ao longo das dúas próximas semanas deixaremos pistas para identificar a parellas famosas  relacionadas coa literatura. Se queredes participar no concurso, pedide na biblioteca o  cuestionario  e estade atentos e atentas á pista que diariamente publicaremos no blog .  Cubride o cuestionario e entregádeo na biblioteca o luns 29. O premio sortearase entre os acertantes do cuestionario no 2º recreo do martes 1 de marzo.
Moita sorte!

Este febreiro na nosa biblioteca hai amor a mares

Este mes de febreiro enchemos a nosa biblioteca de amores e amares. Nos expositores do centro podedes atopar algunhas das máis famosas historias de amor. Animádevos a lelas! 
Coa colaboración dos alumnos e das alumnas de Literatura Universal de 1º de bacharelato temos preparado algunhas sorpresas que poderedes ver na biblioteca al longo da próxima semana. Grazas Ana, Nicolas, Anxo, Alba,Joao , Nerea, Nazaret, Katia Miriam e Matías pola vosa axuda!

martes, 2 de febrero de 2016

Hora de ler, hora de lecer!

Hoxe martes 2 de febreiro tedes toda a 5ª hora para disfrutar das vosas lecturas favoritas.