Estas son as cabazas gañadoras do concurso. Parabéns aos gañadores e a todos os participantes!
Bibliobatea, o blog que che vai ir dando recomendacións para ler, para ver, para visitar... Só tes que seguirnos e comprobar o que facemos desde a biblioteca do IES A Basella. Esperamos os teus comentarios e suxerencias, tamén críticas, sempre e cando sexan construtivas.
jueves, 30 de octubre de 2014
Concurso de cabazas: o xurado está reunido nestes intres para elexir a cabaza gañadora
Grazas a todos por participar no concurso de cabazas. Podedes pasar pola biblio para ver os arrepiantes traballos dos vos@s compañeir@s. Agora mesmo o xurado ten a difícil tarefa de escoller a cabaza gañadora. Moita sorte e estade atent@s ao blog!!!
Curtas de medo
Desde o blog queremos darlle as grazas a Xabier por todo o traballo que fixo esta semana para proxectar unha estupenda selección de curtas de medo. Berramos e rimos ...de medo. Zombis, móbiles, os teus bonecos... todos poden ser elementos dunha boa historia de terror. Cal foi a túa favorita? Escolle a que máis te gustou e colgaremos o enlace no blog.
Que pasedes unha boa ponte...e non vos esquenzades de deixar a luz do voso cuarto sempre acendida.
miércoles, 29 de octubre de 2014
Joyeux Halloween !
Estos son os traballos que fixo o alumnado de francés para desexarnos un bo Samaín. Podes velos na entrada da biblioteca.
martes, 28 de octubre de 2014
E ti de que tes medo?
Das tormentas, dos profes, da morte, dos teus ollos, do medo, de quedar sen traballo, dos exames, das pantasmas ,de perder aos meus amigos, das arañas... Comparte os teus medos
Estas son as cabazas presentadas para o concurso
lunes, 27 de octubre de 2014
Chegou o Samaín!
Esta semana celebramos o Samaín na nosa biblioteca cunha chea de actividades : concursos, curtas de medo, lecturas... Neste recuncho atoparás algunhas recomendacións de lecturas relacionadas con esta data. Non teñas medo en acercarte que os libros non morden!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)