Ler ou non ler? Aquí tes un bo motivo: hai lecturas para todos os gustos
Bibliobatea, o blog que che vai ir dando recomendacións para ler, para ver, para visitar... Só tes que seguirnos e comprobar o que facemos desde a biblioteca do IES A Basella. Esperamos os teus comentarios e suxerencias, tamén críticas, sempre e cando sexan construtivas.
martes, 30 de junio de 2015
domingo, 28 de junio de 2015
sábado, 27 de junio de 2015
Sabías que...
Tintín xa ten os seus propios avións?
A través das historias de Tintín viaxamos por todo o mundo. A compañía Brussels airlines decidiu homenaxear a este heroe da banda deseñada facendo os seus avións Tintín.
Que pasou este curso na biblioteca?
Estes dous últimos cursos foron cursos de cambios na biblioteca do centro. Moitos/as profesores e profesoras tentamos facer da biblioteca un espazo máis agradable e vivo e, para logralo, cambiamos o mobiliario, adornamos as paredes, organizamos actividades...Mais todo este traballo non tería sentido sen a participación dos/as alumnos e alumnas do centro, que tomaron este espazo ao asalto, o encheron de xente nos recreos e participaron de forma entusiasta en todas as actividades. Moitas grazas a todos e todas. Isto danos ánimo para seguir traballando o curso próximo para mellorar o que xa se fixo e implicar ás nais e pais no noso proxecto. Na memoria podes ler todas as actividades que fixemos este ano.
viernes, 26 de junio de 2015
Empezan as vacacións!
Temos por diante un longo verán para disfrutar da praia, os amigos, as festas...e tamén da lectura dun bo libro. Ti que porta vas abrir?
Este é o noso pequeno pasatempo de hoxe. Eres quen de averiguar a que obra literaria fai referencia cada unha das portas?
Este é o noso pequeno pasatempo de hoxe. Eres quen de averiguar a que obra literaria fai referencia cada unha das portas?
miércoles, 24 de junio de 2015
Visita o noso blog durante o verán!
O blog da biblioteca non pecha por vacacións. Nel poderás atopar pasatempos, datos curiosos, novas sobre libros e literatura e moito humor. Alimenta o teu cerebro con nós!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






