lunes, 5 de mayo de 2014

Unha recomendación de principio de mes

Debuxos no muro, de Aurora Ruá (Editorial Galaxia)

Un mozo urbanita suspende Historia en xuño e, como castigo, ten que pasar un mes de verán no hospital onde traballa seu pai, mentres os seus amigos están na praia. A el o que de verdade lle gusta é debuxar, non o “rollo” da Historia, pero eses días de verán que parecían un castigo van ser sorprendentes e engaiolantes.

Que che parece se empezas a lelo? Sería unha primicia, pois o libro aínda está quentiño e arrecendendo a tinta. Búscao na biblio.

http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0015210081

No hay comentarios:

Publicar un comentario