viernes, 22 de mayo de 2015

Semana Cultural: A globalización e a emigración a debate

Nesta Semana Cultural levamos a cabo unha actividade vinculada ao noso proxecto documental sobre a emigración coa colaboración do Departamento de Filosofía. A profesora Carmen Díaz enviounos o seguinte texto sobre a actividade:
O mércores 19 e venres 22 de maio celebramos dous debates protagonizados polo alumnado da materia Educación ético-cívica de 4º de E.S.O, contando nun deles coa asistencia do alumnado de Economía de 1º de Bach. O tema proposto foi “Globalización e emigración”. Námbolos dous casos cada equipo presentou as vantaxes e desvantaxes que a globalización supón para a emigración así como os seus desafíos e problemas tanto a nivel económico, político e cultural. Neste último caso falouse especialmente da problemática derivada da convivencia intercultural e das súas consecuencias en relación aos Dereitos Humanos.
Foron uns debates realmente interesantes e enriquecedores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario