miércoles, 21 de octubre de 2015

Méteme medo! 1ª Concurso de microrrelatos de terror do IES A Basella



Para celebrar o Samaín, a Biblioteca do IES A Basella convoca o 1º concurso de microcontos de terror.  
Queres participar ? Aquí tes as bases:






BASES:

1.- Temática: o terror. O microrrelato debe facer referencia ao terror ou a unha situación terrorífica

2.- Participantes: todo o alumnado do centro, dividido en tres CATEGORÍAS:

  • CATEGORÍA A: 1º e 2º de ESO
  • CATEGORÍA B: 3º e 4º de ESO
  • CATEGORÍA C: Bacharelato e Ciclo

3.- Formato: o relato terá unha extensión máxima de 15 liñas en letra Arial, tamaño 12. Poderá estar escrito en calquera das linguas que se estudan no centro ( galego, castelán, inglés e francés)

4.- Forma de presentación: Cada concursante poderá presentar ata un máximo de TRES microrrelatos. TODOS os relatos que presente irán en folios independentes e firmados co seu seudónimo dentro dun mesmo sobre no que tamén incluirá outro sobre pechado co formulario de participación que solicitará na biblioteca. Fóra do sobre deberá figurar a categoría á que se presenta.


5.- Prazo e lugar de presentación: os relatos entregaranse na biblioteca antes das 15.00 h do LUNS 26 DE OUTUBRO

6.-. Os relatos serán publicados no blog da biblioteca: http://bibliobatea.blogspot.com.es/ ese mesmo día para que poidan ser votados polo alumnado do centro

7.- Xurado: estará formado polos membros do equipo da biblioteca. O xurado poderá declarar deserta algunha das categorías se así o considerase.

8.- Premios: entregarase un premio por categoría. Os premios son os seguintes:

  • CATEGORÍA A: un pendrive e un libro
  • CATEGORÍA B: un pendrive e un libro
  • CATEGORÍA C: un pendrive e un libro


Otorgarase tamén un Premio Especial do Público consistente nun bono de 20 euros para a compra de libros, cine ou música ao relato máis votado polo alumnado do centro no blog da biblioteca. Para votar por un dos relatos, haberá que facer un comentario na entrada do relato, indicando o nome e o curso do votante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario