jueves, 12 de noviembre de 2015

I CONCURSO DE MICROCONTOS " NIN CABALEIROS NIN PRINCESAS"



Para celebrar  o 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, a Biblioteca do IES A Basella convoca o 1º concurso de microcontos pola igualdade de xénero.


BASES:

1.- Temática:  Debe estar relacionada coa loita contra violencia de xénero: á igualdade entre mozos e mozas, as relacións de parella ( o respecto dentro da parella ou as relacións de parella tóxicas, baseadas nos ciumes, o control sobre a parella...)...

2.- Participantes: todo o alumnado do centro, dividido en tres CATEGORÍAS:

CATEGORÍA A: 1º e 2º de ESO
CATEGORÍA  B: 3º e 4º de ESO
CATEGORÍA C: Bacharelato e Ciclo

3.-  Formato: o relato deberá incluir estas palabras: respecto, amor, igualdade, oportunidades. O relato terá unha extensión máxima de 15 liñas en letra Arial, tamaño 12. Poderá estar escrito en calquera das linguas que se estudan no centro ( galego, castelán, inglés e francés)

4.-  Forma de presentación:  Cada concursante poderá presentar ata un máximo de TRES microrrelatos. TODOS os relatos que presente irán en folios independentes  e firmados co seu seudónimo dentro dun mesmo sobre no que tamén  incluirá outro  sobre pechado co formulario de participación que solicitará na biblioteca. Fóra do sobre deberá figurar a categoría á que se presenta.
Cada concursante remitirá tamén unha copia do seu relato ao seguinte correo: biblioabasella@gmail.com


5.-  Prazo e lugar de presentación: os relatos entregaranse na biblioteca antes das  15.00 h do XOVES 19 DE NOVEMBRO

6.-. Os relatos serán publicados no blog da biblioteca:  http://bibliobatea.blogspot.com.es/  ese mesmo día para que poidan ser votados polo alumnado do centro

7.- Xurado: estará formado polos titores, o Departamento de Orientación e membros do equipo da biblioteca. O xurado poderá declarar deserta algunha das categorías se así o considerase.

8.-  Premios: entregarase un premio por categoría. Os premios son os seguintes:

CATEGORÍA A: un pendrive 
CATEGORÍA  B: un pendrive 
CATEGORÍA C: un pendrive

Otorgarase tamén un Premio Especial do Público  consistente nun bono de 15 euros para a compra de libros, cine ou música ao relato máis votado polo alumnado do centro no blog da biblioteca. Para votar por un dos relatos, haberá que facer un comentario  na entrada do relato,.

No hay comentarios:

Publicar un comentario