jueves, 12 de junio de 2014

Lecturas para o Mundial

Eres dos que pensan que literatura e fútbol son incompatibles? Aquí tes algúns libros ou contos que teñen como tema o fútbol e goza o mundial dun xeito diferente!


Saber perder  de David Trueba: un dos protagonistas desta novela é Ariel Burano, un novo xogador de fútbol que deixa Bos Aires para fichar por un equipo español, e as cousas non serán tan doadas como el pensaba.

El fútbol ,a sol y sombra  de Eduardo Galeano: un libro que repasa a historia do fútbol, as orixes da chilena ou a gambeta, os xogadores míticos como Pelé ou Maradona... Con este libro, como di o propio Galeano,trata de compensar unha das súas grandes frustracións: non ser xogador de fútbol:
 "Todos los uruguayos nacemos gritando gol y por eso hay tanto ruido en las maternidades, hay un estrépito tremendo. Yo quise ser jugador de fútbol como todos los niños uruguayos. Jugaba de ocho y me fue muy mal porque siempre fui un pata dura terrible. La pelota y yo nunca pudimos entendernos, fue un caso de amor no correspondido. También era un desastre en otro sentido: cuando los rivales hacían una linda jugada yo iba y los felicitaba, lo cual es un pecado imperdonable para las reglas del fútbol moderno"
Horacio Quiroga publicou  Suicidio en la cancha, un conto sobre o caso real dun xogador que se pegou un tiró no círculo central da cancha.
Mario Benedetti  publicou no seu libro Montevideanos de 1955 o seu conto Puntero izquierdo e adicoulle un poema a Maradona.
Nick Hornby é autor de Fiebre en las gradas, libro autobiográfico no que narra as aventuras e desventuras dun seguidor do Arsenal londinense disposto a rexeitar ata invitacións de voda se o seu equipo xoga en casa.
O poeta Rafael Alberti  recolleu no seu poema Oda a Platko a fazaña do mítico gardameta do F.C.Barcelona

A editorial Libros del K.O. publicou varios libros breves sobre fútbol baixo o título Hooligans ilustrados. Pedíronlle a distintos  xornalistas que falaran dos seus equipos. Se eres do Real Madrid, o teu libro é Grupo salvaje  de Manuel Jabois , xornalista, novelista e autor da letra do himno; a. Enric González escribe sobre o Espanyol ( Una cuestión de fe), Julio Ruiz sobre o Atlético de Madrid (Yo me voy al Manzanares), Marcos Abal sobre o Barcelona ( Una insolencia) , Ander Izaguirre sobre a Real Sociedad (Mi abuela y diez más) e Antonio Luque sobre o Betis (Marchito azar verdiblanco)

No hay comentarios:

Publicar un comentario