lunes, 16 de junio de 2014

Nick Hornby e as 31 cancións da súa vida

Nick Hornby é un escritor e xornalista británico. Unha das súas novelas de máis éxito é Alta fidelidad protagonizada por Rob Flemming, un dependente dunha tenda de discos obsesionado coa música pop e que so vende os discos que lle gustan, que acaba de ser abandoado pola súa moza. Para superar esta ruptura, Rob e os seus amigos pasan o tempo facendo innumerables listas: as cinco mellores películas americanas, os seus cinco libros preferidos, a música do seu funeral... O director Stephen Frears dirixíu no 2000 a película homónima:

Nick Hornby é tamén autor do ensaio 31 canciones no que fala sobre as cancións que marcaron a súa vida: grupos  e cantantes como Bruce Springsteen, The Clash, The Beatles, Led Zeppelin, Bob Dylan, Patty Smith, Nelly Furtado, Van Morrison ou os escoceses Teenage Fanclub.

Outros libros do autor son: Todo por una chica, Un gran chico ,ou Fiebre en las gradas 

No hay comentarios:

Publicar un comentario