lunes, 10 de noviembre de 2014

LECTURAS PARA UN MINUTO: MICRORRELATO GAÑADOR NO 1º CONCURSO DE MICRORRELATOS DA USC

Unha muller de principios





        Desde moi nova traballei con éxito en distintos circos facendo vistosos malabarismos, tragando sabres, lume e mais algún que outro sapo. Arestora estou no paro, pois acabei despedida e fóra dos circuítos do espectáculo, queimada –por así dicilo– daquel traballo duro, mal pagado e pouco recoñecido. Como a miña situación económica é moi precaria, apunteime nas oficinas de emprego. Hai pouco o exército español, se cadra tentando aforrar en material e combustible, ofreceume un posto de lanzachamas do corpo lixeiro de infantería. Talmente estaría na vangarda. Con todo, eu proclameime fogosamente pacifista e rexeitei aquel ofensivo ofrecemento un pouco indignada. 

                                                                    Alberto Gómez Aneiros

No hay comentarios:

Publicar un comentario