domingo, 9 de noviembre de 2014

O 25º aniversario da caída do muro de Berlín

Hoxe 9 de novembro celébrase o 25º aniversario da caída do muro de Berlín e aproveitamos para recomendarvos unha estupenda película ambientada nos meses posteriores á caída do muro: Good bye, Lenin e que podes atopar na videoteca do instituto


 A nai de Álex , unha defensora da Alemaña socialista, cae en coma uns días antes da caída do muro de Berlín. Cando esperta de súpeto oito meses despois, nada sería máis perigoso para a súa saúde que saber que agora viven nunha Alemaña reunificada e capitalista. Para salvar a súa nai, Alex converte o apartamento familiar nunha illa ancorada no pasado, unha especie de museo do socialismo no que a súa nai vive comodamente crendo que nada cambiou. O que empeza como unha pequena mentira piadosa convértese  nunha grande estafa cando a irmá de Alex e algúns veciños se encargan de manter a farsa para que a nai de Alex siga crendo que ao final Lenin venceu!

No hay comentarios:

Publicar un comentario