martes, 21 de abril de 2015

A Basella solidaria: Día de nervios


Hoxe, ás 20:00 na sala de conferencias da sede de Afundación, Policarpo Sanz, 24-26 darase entrega dos premios aos gañadores do I Concurso de Microrrelatos Xuvenil convocado pola Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo.
No transcurso do acto, que será presentado pola Rede de Escolas de AI, intervirán Silvia Freire, coordinadora do Equipo de Mulleres de Amnistía Internacional Galicia e Elisabet Pérez, fundadora da Asociación Nos Mesmas, que falará da situación actual das persoas LGTBI.
Despois da lectura dos microrrelatos por parte dos gañadores, farase entrega dos premios e pechará o acto a escritora María Reimóndez, premio Xerais de Novela 2014.


Hoxe pola tarde, saberemos quen é o gañador ou gañadora do I Concurso de microrrelatos de Amnistía Internacional. Moitísima sorte aos nosos alumnos finalistas!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario