jueves, 23 de abril de 2015

Celebramos o Día do Libro!




Hoxe temos un día cheo de actividades. Estades preparados?


  • Lecturas compartidas: hoxe recibiredes unha visita moi especial nas vosas clases. As alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO lerán os seus microrrelatos nas clases de 3º e 4º de ESO e eles pasarán polas clases de 1º e 2º para ler unha escolma de textos de Castelao e do Quijote e uns textos de Galeano.
  • Mostra de microrrelatos: saias, camisetas, calcetíns e mesmo calzóns colgados nun tendal no corredor da entrada agochan microrrelatos de humor, de misterio...todos con algo en común...o selo non parecía ser de aquí.
  • Exposicións de marcapáxinas do mundo: dentro do proxecto documental sobre a emigración proposto pola biblioteca do centro, o alumnado de 1º ESO A deseñou esta colección de marcapáxinas do mundo coa axuda de Manuel Busto, recordando os países de procedencia e aos que emigraron os familiares do alumnado do centro.
  • Entrega de agasallos: @ membr@ do Club de Lectura recibirán un agasallo para celebrar este día.
Moitas grazas a todos os alumnos e alumnas que fixeron carteis conmemorativos e que adornan os corredores do centre, ao alumnados de 4º de Diversificación polo seu mural de homenaxe a Galeano e ás vítimas do último naufraxio no Mediterráneo e a todos os profesores e profesoras que colaboraron nestas actividades.





No hay comentarios:

Publicar un comentario