miércoles, 15 de abril de 2015

Novidades na biblioteca recomendadas polo Club de Lectura


Entre as últimas escollas do Club de Lectura queremos destacar "El guardián invisible" de Dolores Redondo, unha novela negra ambientada no val navarro de Baztán, que mestura mitoloxía e crime, e cuxa lectura levounos a un interesante intercambio de opinións, algunhas veces encontradas. Se vos animades a lelo tede en conta que é unha triloxía, e que xa dispoñemos na biblio da segunda e terceira parte, "Legado en los huesos" e "Ofrenda a la tormenta".

Outra novidade a ter en conta é unha novela de temática medioambiental que nos debuxa un planeta marcado polas consecuencias do quentamento global: "Diarios del CO2, 2015" de Saci LLoyd. A protagonista desta novela narra en forma de diario, como se ve obrigada a cambiar radicalmente a súa forma de vida debido á implantación de políticas de restrición de emisións de CO2, que tentan evitar os desastres naturais derivados do cambio climático.

A novela que imos comezar estos días no Club de Lectura é "Conduce rápido", de Diego Ameixeiras. 
Xa vos contaremos as nosas impresións, esperamos que nos guste tanto alomenos como "Dime algo sucio", un clásico das lecturas propostas polo profesorado de lingua que é moi recomendable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario